A A-9 EN CIFRAS
As rebaixas e supresións de peaxes nos últimos anos
Resultados económicos de AUDASA
ACTUALIZADAS A EUROS E
PREZOS DE DIFERENTES TRAMOS.
O AGRAVIO COMPARATIVO EXISTE
E PONTEVEDRA É A PROVINCIA MÁIS DISCRIMINADA.
|
Itinerario |
Tarifa |
Km. |
¿Cantos km se percorren
con 1 €? |
Tarifa €/km |
Incremento 1.1.2006 % |
|
Vigo – Chapela |
0,65 € |
2 |
1 € = 3 km. |
0,32 |
0 |
|
O Morrazo – Vigo |
0,80 € |
4 |
1 € = 5,3 km |
0,19 |
6,6 % |
|
O Morrazo – Pontevedra |
1,90 € |
15 |
1 € = 7,9 km |
0,13 |
2,7 % |
|
Vigo – Pontevedra |
2,65 € |
22 |
1 € = 8,3 km |
0,12 |
1,9 % |
|
Pontevedra – Santiago |
4 € |
60 |
1 € = 15,6 km |
0,06 |
3,9 % |
|
Santiago – A Coruña |
4,65 € |
70 |
1 € = 15 km |
0,06 |
3,3 % |
|
Vigo – Baiona |
1,30 € |
25 |
1 € = 19,2 km |
0,05 |
Abril |
|
Jerez – Puerto Real (Cádiz) |
0 € |
27 |
0 € = 27 km |
0 |
0 |
* Tarifas para vehículos lixeiros.
Como se pode observar a simple vista as tarifas máis
discriminatorias son as do tramo “urbano” Vigo-Chapela, ou a simple saída de
Puxeiros hacia Chapela que non chega ós dous quilómetros.
Pero o realmente incongruente, ano tras ano, é o
castigo que sofrimos os usuarios dos tramos Vigo-O Morrazo e Vigo-Pontevedra,
que duplican ou triplican en tarifas ó resto da A-9 e aínda por enriba soportan
a maior intensidade de tráfico. Aí está a discriminación e tamén o negocio de
AUDASA. Sobre a PONTE DE RANDE HAI UN TESOURO... Non está no fondo do mar. Está
nas cabinas de peaxe destes itinerarios, nos que tintinean os euros por
milleiros e día por día.
Un abuso que tolera o goberno central porque obtén
moitos beneficios e que a Xunta de Galicia quere seguir ignorando. Non o
entendemos. ¿Por que non se aplica a mesma tarifa en euros por quilómetro en
toda a A-9?
Un abuso que soportamos milleiros de traballadores, veciños, estudiantes, empresas ou comerciantes das áreas urbanas de Vigo, O Morrazo e Pontevedra e que temos de paso obrigado a Ponte de Rande sen alternativa, tódolos días.
E para máis INRI-como se dicía antes- a de
Vigo-Baiona, por poñer un ejemplo é a terceira ou a cuarta parte.... ¿A quen
seguen machacando?
OUTROS DATOS DO AGRAVIO COMPARATIVO
DESCONTOS E SUPRESIÓNS DE PEAXES APROBADAS
|
Ano |
Autoestrada (tramos) |
Concesionaria |
V.lixeiros % rebaixas |
V.pesados % rebaixas |
|
1997 |
Tarragona-Valencia |
AUMAR |
30 |
40 |
|
1997 |
Valencia-Alicante |
AUMAR |
30 |
40 |
|
1997 |
Sevilla-Cádiz |
AUMAR |
30 |
40 |
|
1997 |
Tudela-Izurzun |
AUDENASA |
25 |
30 |
|
1998 |
Montmeló-El Papiol |
ACESA |
50 |
50 |
|
1998 |
Montmeló-Granollers |
ACESA |
40 |
40 |
|
1998 |
Molins de Rei-Martorell |
ACESA |
40 |
40 |
|
1999 |
Molins de Rei-Gelida |
ACESA |
56´2 |
56´2 |
|
1999 |
Martorell-Gelida |
ACESA |
66 |
66 |
|
1999 |
Molins de R-San Sadurni |
ACESA |
39´3 |
39´3 |
|
1999 |
Martorell-San Sadurni |
ACESA |
36´1 |
36´1 |
|
1999 |
Molins de R.-Martorell |
ACESA |
32´4 |
32´4 |
|
2000 |
Salou - Torredembarra |
ACESA |
LIBRE DE PEAXE NOS MOVEMENTOS INTERNOS |
|
|
2000 |
Montmeló-El Papiol |
ACESA |
||
|
2000 |
Girona Norte-Girona Sur |
ACESA |
||
|
2000 |
PONTEVEDRA-VIGO |
AUDASA |
19´13 |
* |
|
2000 |
VIGO-O MORRAZO |
AUDASA |
30 |
* |
|
2000 |
Bilbao-Zaragoza |
AVASA |
39´5 |
|
|
2000 |
Túneles Guadarrama |
IBERPISTAS |
20 |
|
|
2005 |
Jerez-Puerto Real |
AUMAR |
LIBRE DE PEAXE |
|
·
As rebaixas de
PONTEVEDRA-VIGO cos incrementos do 2001, 2002, 2003 e 2004 quedaron eliminados
e as de VIGO-O MORRAZO a un 17%.
Esta é outra das demostracións palpables de que o Ministerio de Fomento e o propio goberno central teñen dúas varas de medir e aceptaron reducir e incluso suprimir peaxes alí onde houbo maior presión social e institucional. O papel xogado pola Xunta de Galicia nestes últimos anos deixa ver o seu escaso peso político e vai moi por detrás da reclamación unánime, especialmente na Galicia sur.
RESULTADOS ECONÓMICOS
DE AUDASA NOS
ÚLTIMOS ANOS
A PRIVATIZACIÓN DO
GRUPO ENA
Outro
argumento a favor da supresión da peaxe na Ponte de Rande son os grandes
beneficios que está obtendo a concesionaria nos últimos anos e tamén o tráfico
que duplica ou triplica en vehículos por día ó doutros tramos da propia A-9.
Pódense solicitar datos a AUDASA e comprobar os que ofrece a Plataforma.
|
Ano |
Ingresos
de peaxe e
explotación |
Resultados Beneficios |
|
1994 |
6.670
Millóns de ptas. |
631 Millóns de ptas |
|
1995 |
7.286 “ “ |
1.431 “ “ |
|
1996 |
7.887 “ “ |
2.442 “ “ |
|
1997 |
8.741 “ “ |
6.247 “ “ |
|
1998 |
10.246 “ “ |
* |
|
1999 |
12.352 “ “ |
6.652 “ “ |
|
2000 |
13.163 “ “ |
6.922
“ “ |
|
2001 |
85,3
millóns de euros |
46
millóns de euros |
|
2002 |
92,4
millóns de euros |
51,7
millóns de euros |
|
2003 |
101,27
millóns de euros |
55
millóns de euros |
|
2004 |
118,4
millóns de euros |
|
|
2005 |
126,65
millóns de euros |
|
Desde a Plataforma
consideramos que non podemos ser os que aportemos a maioría dos beneficios do
grupo ENA e non recibamos nada a cambio. É posible e viable economicamente –sen
que se poña en perigo o equilibrio economico-financieiro de AUDASA, como tantas
veces se di- destinar unha parte dos beneficios a suprimir a peaxe nas áreas
metropolitanas (accesos a Vigo e A Coruña) para todos os cidadáns sen
restriccións como as aprobadas por decreto e, por outra banda, reclamar que se
apliquen eses mesmos beneficios para facer unha política de reequilibrio das
peaxes que beneficie ós usuarios e non ás concesionarias.