Catro membros da Xunta directiva da Plataforma
reuníronse onte, día 15 de outubro, co Presidente da Xunta coa esperanza de que
el tivera algo importante que comunicar sobre as xestións que tería feito o
goberno galego. Xestións que serían a consecuencia lóxica das múltiples
promesas realizadas por el mesmo e outros altos cargos e dirixentes do Partido
Popular que se recollen na nosa páxina web www.randeune.com
no apartado de “As promesas”.
Agardabamos con certa expectativa que nos
transmitira que a Xunta cumpriría os seus compromisos e incluso un acordo
tomado polo Parlamento Galego por unanimidade no mes de marzo de 2002 que se
resume en xestionar ante o goberno central a supresión da peaxe de Vigo – O
Morrazo para todos.
Pero non foi así.
Limitouse a dicir e citamos textualmente as súas
palabras que “Eu escoitoos a vostedes con moito gusto”, “Farei o que poida
e... non será moito” e o consabido “Non teño máis que decir”.
A presidenta e o resto dos representantes da
Plataforma expuxéronlle, na media hora de entrevista, a necesidade de
aproveitar o proceso de privatización do grupo ENA para que reclamara a
inclusión no pliego de condicións que se está a elaborar neste momento a
supresión da peaxe de Rande para todos, empresarios e usuarios, que non
dispoñemos doutra vía alternativa entre o sur e o norte da Ría de Vigo e tamén
a modificación das tarifas nos diferentes tramos entre Pontevedra e Vigo para
evitar as discriminacións actuais.
Expuxéronselle os datos económicos do grupo ENA –no
que están as seguintes autoestradas: AUDASA, a de Carballo – A Coruña, a do Val
Miñor, a de Asturias – León e a de Navarra -. Datos que mostran como o 75% dos
beneficios foron aportados polas autoestradas de Galicia e como seguirá sendo
así nos vindeiros cincuenta anos. Ver a A-9 en cifras na web randeune.com.
Tamén se lle entregou un estudio realizado por
expertos no que se informa da viabilidade da supresión da peaxe de Rande e da
rebaixa das tarifas establecendo unha única de euros/km igual para toda a A-9
para correxir os agravios comparativos existentes na actualidade.
Outro documento elaborado polo Seminario de Estudios
Carlos Velasco de Pontevedra que nas súas conclusións recolle a necesidade de
suprimir, como mínimo, a peaxe da Ponte de Rande e incluso de eliminar a de
Pontevedra – Vigo mentras a cidade de Pontevedra non conte cun acceso gratuito
por autovía á meseta. Recomendacións obxectivas para favorecer o eixo económico
de Pontevedra – O Salnés – O Morrazo – Vigo.
Falouse tamén da insuficiencia do “bono-peaxe” que
el dixo que xa o solicitara o 10 % da poboación ¿?. Será o 10 % dos habitantes
dos concellos de Moaña e Cangas porque a pocentaxe do resto é ridícula.
Solicitouselle que intervira ante o goberno central
e que a propia Xunta se vería favorecida ao conseguir a supresión da peaxe de
Rande e non ter que asumir os costes do bono-peaxe entre ela e a Deputación de
Pontevedra.
Entregouselle moita documentación porque el mesmo a
requería daquela maneira...”si, si, deixeme ese documento” .
E como a reunión remataba cunha promesa moi cativa
de “farei o que poida” démoslle
as vinte promesas máis chamativas desde 1999 ata o 2002 nun lote que titulamos:
Un feixe de promesas. Algunhas delas realizadas por el mesmo que case non recoñecía e outras como aquela célebre do ministro Rajoy de
5.02.2000 “Me comprometo a suprimir
el peaje de Rande y a nuevas rebajas si el PP gana las elecciones” tivo a resposta lacónica de “Eso díganllo
a Rajoy”.
A última promesa do propio Fraga foi curiosamente
dous días antes da VI MARCHA POLA SUPRESIÓN realizada o 13 de Abril de
2002 “La Xunta garantiza la
supresión del peaje de Rande cuando se privatice AUDASA”... Ver apartado de
As Promesas 12 de abril EL CORREO GALLEGO.
En resume, que ún dos asistentes, con moito sentido
do humor, díxolle que el ía á reunión esperando que nos dera unha sorpresa,
(como el anunciara poucos días antes, que antes de morrer podía dar moitas
sorpresas) pero que... saiamos da reunión case que igual que como entramos.
Conseguiu, polo menos, arrancarlle un sorriso e que non llo tomara a mal.
Por último, ensinámoslle un libro azul que editamos
hai algúns meses para el mesmo, Aznar, Cuíña, Cascos, etc. e a foto da última
marcha pola supresión e colleu o libro dicindo que non llo deran ¿? e mirando a
foto dos milleiros de persoas manifestándose dixo que “Nós sometémos ás
eleccións cada catro anos, as manifestacións non me interesan...”
Así foi e así o contamos para que conste.