A PLATAFORMA DENUNCIA UN NOVO AGRAVIO

COA SUPRESIÓN DE PEAXE ENTRE PANCORBO E ARMIÑÓN NA AP-1

 

A Xunta directiva da Plataforma cidadá pola supresión da peaxe estudiou na tarde de onte un novo acordo de supresión de peaxe na AP-1 entre Pancorbo e Armiñón, froito dun acordo entre Fomento e a empresa Europistas, mentras segue sen resolverse o tema de Rande.

O actual goberno remitiunos a un Plan Estratégico de Infraestructuras de Transporte (PEIT) que aprobará previsiblemente o consello de ministros na reunión deste xoves, despois de elaboralo durante os pasados seis meses.

Moito nos tememos que sexa un novo aprazamento da cuestión e que logo se quede nun novo debate no congreso dos deputados e nun debate público que propoñerá a ministra Magdalena Ávarez.

E, mentras tanto, o alcalde de Miranda de Ebro, do partido gobernante, chega á súa cidade cun acordo asinado polo Secretario General de Infraestructuras Antonio Monfort no que se concreta a liberalización de peaxe de 18 km da AP-1 e a construcción de un terceiro carril en ambos sentidos entre as localidades de Armiñón e Pancorbo.

É certo que alí tamén se levaba tempo reclamando a construcción dunha variante para Miranda de Ebro polos problemas que ocasionaba a circulación pola nacional 1 naquela cidade, reclamación que se fixo con manifestacións convocadas polo propio concello e pola Plataforma denominada Comisión N-1.

Seguimos no furgón de cola e veremos que acorda o consello de ministros. Ogallá nos equivoquemos.

E para comezar o 2005, xa temos unha nova subida de peaxes que é inxusta nos diferentes tramos existentes desde Pontevedra hacia o Sur que teñen as tarifas máis elevadas de toda a AP-9. Parece que non se tivo en conta a cuantía en €/km nin o incremento do tráfico que deberían beneficiar aos usuarios destes tramos e non á empresa concesionaria que, aínda por enriba, presume de beneficios neste último exercicio –23% máis cá o ano anterior- dunha maneira descarada e chulesca.

A Plataforma volverá a reunirse para analizar o PEIT (Plan estratégico de Infraestructuras) que aprobe o goberno e tamén as novas tarifas que entren en vigor no sur de Pontevedra.

Por outro lado, a Xunta a renovar bonos-peaxe con retraso que ao mellor non chegan a tempo antes de fin de ano aos usuarios segundo as queixas que recibimos dos mesmos.

O Morrazo, 22 de decembro de 2004

O Presidente, JESÚS CANCELAS FRANCO