Desde a
Plataforma cidadá pola supresión da peaxe queremos manifestar que nos sentimos
defraudados cos resultados do debate celebrado no Parlamento Galego porque non
se tratou o tema da privatización do grupo de autoestradas de E.N.A. no que
están integradas AUDASA, a Autoestrada do Val Miñor e a de Carballo – A Coruña,
ademais das de León e Navarra.
Trátase
dun tema importante para Galicia, aínda que non sexa o máis importante de
todos, evidentemente, pero que a nosa comunidade autónoma non reclame ningunha
compensación ante o goberno central neste momento crucial no que se está a
redactar o PLIEGO DE CONDICIÓNS DA PRIVATIZACIÓN pareceunos grave.
Cómpre
que saiba a cidadanía que dos ingresos de explotación das autoestradas que se
van privatizar nos vindeiros meses, a aportación dos galegos foi no ano 2001 de
máis de 95.000 miles de euros (16.000 millóns de pts.), que representan o 70%
do total. E todo esto multiplicado polos 50 anos que nos quedan supón unha
cifra importantísima que irá parar directamente ás arcas do goberno central.
Asímesmo
convén lembrar que o propio Presiedente Fraga anunciou o 11 de abril a
intención do goberno galego de garantizar a supresión da peaxe de Rande aproveitando
o proceso de privatización que xa está en marcha. Por este motivo se lle
solicitou unha entrevista a pasada semana por parte da Plataforma e a pesares
de falar tanto do diálogo aínda non temos resposta.
Por
outra banda, acordouse solicitar tamén entrevistas cos portavoces dos dous
grupos parlamentarios da oposición, os señores Beiras e Touriño co obxectivo de
que, entre todos, insten ó goberno central a inclusión nas cláusulas da
privatización as supresións das peaxes de Rande e da Barcala así como a
modificación das tarifas nos diferentes tramos para que as de Vigo-Pontevedra e
outras do sur de Galicia non sigan sendo tan discriminatorias como na
actualidade.
O
Morrazo a 10 de outubro de 2002
A
Presidenta, Modesta Riobó