ARQUIVADA A DENUNCIA CONTRA MANUEL MÉNDEZ
POR
PRESUNTOS DESÓRDENES PÚBLICOS
Con satisfacción por esta actuación xudicial foi recollida a noticia
en medios da Plataforma pola supresión da peaxe despois das declaracións
efectuadas ante a titular do xulgado nº 2 de Cangas a pasada semana.
Vense a confirmar como as reiteradas denuncias contra membros da
Plataforma cidadá non teñen fundamento ningún e só pretenden represaliar e
coaccionar ós cidadáns que cívicamente defenden os nosos dereitos.
A directiva da Plataforma reunirase proximamente para avaliar a
situación de diversos asuntos tales como a mínima entrega dos “bonos-peaxe” a
contagotas por parte da Xunta, entrega que consideran ridícula por non
cumprirse os prazos que se marcan no decreto de 28 de decembro e por recibir
numerosas queixas dos veciños que teñen que completar a súa documentación.
Por outra banda é posible que nos volvamos dirixir ó Valedor do
Pobo porque as xestións anunciadas por aquel tampouco deron o seu froito así
como á propia Xunta de Galicia que mantén sen tramitar un acordo unánime do
Parlamento Galego de 20 de marzo no que se urxía reclamar de Fomento a supresión
da peaxe de Rande para todos, un acordo moito máis amplo que a tarxeta que
intentan implantar para un número mínimo de veciños.
O Morrazo,
a 31 de maio de 2002