AS TARIFAS DO 2005
SEGUEN SENDO DISCRIMINATORIAS NO SUR DE GALICIA
* Vehículos
lixeiros
|
Itinerario |
Tarifa € |
Km. |
¿Cantos km percorres con 1€? |
|
Vigo - Chapela |
0,65 |
2 |
1 € = 3 km. |
|
O Morrazo – Vigo |
0,75 |
4 |
1 € = 5,3 km |
|
O Morrazo – Pontevedra |
1,85 |
15 |
1 € = 8,1 km |
|
Vigo – Pontevedra |
2,60 |
22 |
1 € = 8,4 km |
|
Pontevedra - Santiago |
3,85 |
60 |
1 € = 15,5 km |
|
Santiago – A Coruña |
4,50 |
70 |
1 € = 15,5 km |
|
Vigo – Baiona * |
1,25 |
25 |
1 € = 20 km |
|
Jerez– Puerto Real (Cádiz) |
1 |
27 |
1 € = 27 km |
Despois da última subida de tarifas aplicada a 1 de xaneiro
de 2005 podemos observar como somos tratados de maneira discriminatoria os
usuarios dos diferentes tramos entre Vigo e Pontevedra que percorremos con 1 €
de 3 a 8 km, mentras que noutros tramos da propia AP-9 chegamos ós 15,5 km. ¡Un
escándalo!
Un erro do novo Ministerio de Fomento que aproba unhas
tarifas sen estudiar o tema e correxir unha situación inxusta.
¿Por que non hai unha tarifa plana a tantos
céntimos por km?
¿Por que non se abaratan os tramos de máis tráfico como
sería o caso dos de Pontevedra – Vigo – O Morrazo? ¿Por que non se suprime a
peaxe da Ponte de Rande que non conta con vía alternativa? ¿Por que non se
suprime a peaxe no tramo urbano entre Vigo e Chapela?
Poderiamos facernos moitas máis preguntas pero con este
incremento de tarifas tamén se incrementa a inxustiza e tanto a empresa
concesionaria AUDASA coma o MINISTERIO DE FOMENTO NON TEÑEN EN CONTA OS
INTERESES DOS USUARIOS SENÓN OS BENEFICIOS que aumentan ano tras ano
descaradamente.
O caso de Pontevedra – Vigo é dos máis sangrantes porque xa ten
unha tarifa máis elevada na actualidade ca no ano 2000, ano no que se acordou
unha rebaixa do 19 % e se aumentou a concesión a AUDASA en 25 anos. Daquela
eran 420 pts. e agora os 2,60 euros equivalerían a 432 pesetas.
Vigo – Baiona pertence á Autoestrada do VAL MIÑOR e ten unha
tarifa máis branda porque foi financiada con fondos da Xunta – de todos nós –
nunha boa porcentaxe.
E, por último, o caso que reseñamos ao final
da Táboa JEREZ – CÁDIZ en comparación coas tarifas da nosa zona é realmente
indignante. O anterior equipo ministerial do Sr. Cascos rebaixoulle a tarifa
nun 50 % por decreto no ano 2001 e este novo equipo da Sra. ministra Magdalena
Álvarez acordou xunto coa Xunta de Andalucía facerse cargo de pagarlle ese euro
a tódolos usuarios neste ano 2005. ¡Manda carallo, na Habana! E aquí todos
caladiños, o noso presidente Fraga, os nosos deputados do PSOE, etc. etc.
Agardamos un cambio de postura no goberno de
ZP e ser tratados dunha maneira semellante a outros lugares. Este exemplo
protagonizado pola gaditana señora ministra de fomento non nos gustou nada. Pareceríanos
ben se aquí se suprimira a peaxe de Rande para todos e se acordara unha
remodelación de tarifas en toda a AP-9 que fora xusta e non discriminatoria
como segue a ser na actualidade.