A través dos medios de comunicación informámonos de que vostede remitiu un escrito a algúns concellos (¿) informando sobre o bono-peaxe para facilitarlle os trámites os cidadáns.
Para elo habería que teclear 29 caracteres diferentes en internet que resultan ser un verdadeiro xeroglífico e adiantámoslle que algúns de nós non conseguimos acceder a dita información. (www.xunta.es/adm/0101/ot206d.)
Preguntámoslle se efectivamente lle foi enviada a información a tódolos concellos da provincia de Pontevedra, dado que tódolos seus habitantes son posibles beneficados segundo o decreto. Nós pensamos que non foi así.
Dada a complexidade para acceder a esa información ofrecémoslle desde esta plataforma cidadá pola supresión da peaxe un dominio en internet propiedade nosa e moito máis simple tecleando www.bonopeaxe.com totalmente gratuito para esa consellería.
Por outro lado conviría informar aos que teñen o bono-peaxe da data de caducidade do mesmo para que non se produza a desactivación dos mesmos a primeiros do ano que vén tal como ocurríu a comezos deste 2003 no que tivo vostede que vir a Cangas anunciando a reactivación das tarxetas e aclarando os prazos de renovación.
Tamén conviña aclarar as dúbidas aos que posúen o OBE e o bono peaxe. ¿Que se debe facer en cada caso?
Agardando a súa resposta para que a propia Xunta poida informar mellor a tódolos cidadáns interesados en solicitar o famoso bono-peaxe, reciba un saúdo
O Morrazo, 13 de decembro de 2003
O Presidente,
Jesús Cancelas Franco