COA
PRIVATIZACIÓN DA AP-9 EMPEORARON OS SERVICIOS E A SEGURIDADE
DOS USUARIOS
A
Plataforma diríxese á concesionaria, deputados elexidos
pola provincia e á Ministra de Fomento
A
xunta directiva da Plataforma cidadá pola supresión da
peaxe tomou os acordos que se fan públicos no día de
hoxe. En primeiro lugar solicitar entrevistas cos deputados de
tódolos grupos políticos elexidos pola provincia de
Pontevedra ( a primeira reunión realizouse con Olaia
Fernández do BNG o pasado xoves) e dirixiranse a Antón
Louro e Ana Pastor as próximas misivas.
En
segundo lugar, recolléronse numerosas queixas dos usuarios da
AP-9 no tramo da Ponte de Rande a Vigo nas que ademais de reiterar as
deficiencias de falta de arcéns, limpeza e estado do firme,
accidentabilidade en días de chuvia, etc. existen dúas
que agravan a situación nos últimos meses e que se
refiren AO APAGADO DO ALUMEADO EN HORAS DE MADRUGADA NA PROPIA PONTE
DE RANDE –coa excusa de aforro enerxético- e, como
consecuencia, aumentando a perigosidade da circulación ao
estar insuficientemente iluminada e a outra A REDUCCIÓN DE
PERSOAL nas cabinas da peaxe do Morrazo a determinadas horas
provocando caravanas e inducindo aos usuarios indirectamente a que
soliciten o OBE para pasar sen parar.
En
vista de que a competencia nestes asuntos é da propia empresa
concesionaria que incumple as medidas de seguridade e de mantenimento
ás que está obrigada polo contrato da concesión,
a Plataforma dirixirase a dirección da mesma reclamando a
solución a estes problemas denunciados e tamén á
nova Ministra de Fomento do que depende en última instancia a
AP-9 e sobre a que ten tódalas competencias.
Acordouse,
por último, que no escrito á Ministra de Fomento
Magdalena Álvarez se lle envíe un saúdo e
información relativa á petición antiga de
supresión da peaxe da Ponte de Rande para os usuarios que non
teñen outra alternativa e para que se considere o tema nas
próximas discusións sobre peaxes metropolitanas que o
novo goberno debe abordar.
O
Morrazo, a 8 de maio de 2004
O Presidente, Xesús
Cancelas Franco