A PLATAFORMA CONVOCARÁ ÓS USUARIOS DA PONTE
DE RANDE PARA INFORMAR E DEBATIR A SITUACIÓN ACTUAL
A
eliminación do número mínimo de viaxes segundo o acordo do último consello da
Xunta é considerado como un logro máis das mobilizacións dos que unha e outra vez
se manifestaron camiñando ata Rande así como das accións da propia Plataforma
en tódolos frentes.
A directiva da Plataforma acordou convocar nos
próximos días unha asemblea xeral de usuarios para informar das últimas
xestións e debatir a estratexia a seguir nos vindeiros meses.
A supresión do número mínimo de viaxes foi unha das
moitas peticións que lle realizou a Plataforma directamente ó Sr. Fraga o
pasado 1 de decembro de 2001, poucos días despois de aprobar o decreto destas
subvencións.
A Plataforma reitera que o meollo da cuestión é a
esixencia á Xunta para que rectifique e reclame directamente do goberno central
a supresión da peaxe de Rande para todos e a posta en vigor de tarifas non
discriminatorias para tódolos usuarios.
No diálogo que se mantivo o pasado día 4 co
ministro Rajoy nun acto público celebrado en Vigo, o propio ministro tomou
nota e recoñeceu publicamente a inexistencia de vía alternativa á Ponte de
Rande e que tiñamos razón en sentirnos discriminados, pero que neste
momento non se podía facer máis..., que xa se rebaixaran as tarifas... e que
non se lembraba da súa promesa...
A Plataforma fará un seguimento minucioso do
proceso de privatización e seguirá reclamando que no paquete de condicións se
estableza que a peaxe de Rande pase á historia como pasaron outras en áreas
metropolitanas no resto do Estado por acordos deste goberno do Sr. Aznar.
Seguiremos dando a batalla en tódolos frentes posibles con entrevistas ó máximo
nivel, con políticos, alcaldes, candidatos ás próximas eleccións, nos tribunais
de xustiza, medios de comunicación, con mobilizacións ou o que consideremos
necesario.
Este será o centro do debate que se promoverá no
vindeiro fin de semana facendo unha amplia convocatoria a tódolos usuarios da
A-9.
A XUNTA DIRECTIVA, 9-11-2002