O Presidente da Xunta a través da súa secretaría convocou á
Directiva da Plataforma cidadá pola supresión da peaxe para o vindeiro martes,
día 15 ás 10,30 en San Caetano aceptando así a petición de entrevista.
Créase, polo tanto, unha expectativa importante no
Morrazo e en Pontevedra polo que vaia a dicir o Presidente sobre o proceso de
privatización do grupo ENA así como da súa influencia no mesmo e no pliego de
condicións que se está a elaborar neste momento.
A Plataforma acudirá representada pola súa
Presidenta, os vicepresidentes de Vigo, José Cidrás e de Pontevedra, Verísimo
Pazos e o vicesecretario Manuel Méndez. Todos eles reuniranse co resto da
directiva o luns, día 14, víspera da entrevista para preparala
concienzudamente.
Dentro do proceso de privatización expoñeránselle datos económicos da operación, a importancia de que Galicia non se quede á marxe e tamén non se descarta expoñerlle a valoración da situación actual – a insuficiencia do bono-peaxe, as tarifas da A-9 ou o trato discriminatorio que veu mantendo o Ministerio de Fomento coa A-9 en comparación con outras autoestradas españolas -.
Agardamos que como el mesmo dicía onte “aínda podo
dar moitas sorpresas” a reunión teña un resultado positivo e no caso de que non
sexa así, a Plataforma ten claro cal é o camiño a seguir. Estamos nunha nova
etapa de reunións con empresarios que se sinten perxudicados co bono-peaxe de
toda a provincia e quedan outras entrevistas pendientes con dirixentes do BNG e
PSOE así como cos alcaldes das áreas metropolitanas de Vigo e Pontevedra.
O
Morrazo, a 11 de outubro de 2002
A
Presidenta,
MODESTA
RIOBÓ