Comunicado da Plataforma cidada pola supresión da peaxe na A9
Un sistema ideado e publicitado cun monton de
cartos públicos para toda a provincia de Pontevedra solo consigue que 3.000 conductores
superen os filtros impostos para conseguir este bono peaxe.
Bono que non pode utilizar ningún outro membro da familia nin en
outro vehículo inda que sexa do mesmo propietario.Nin son beneficiarias as
persoas xurídicas, transportes de viaxeiros, empresas ou comercios, e ten
limitados o número de viaxes.
O Obxectivo cumpriríase coa supresión da peaxe.
Denunciamos a incapacidade da Xunta de Galicia para
resolver esta xusta demanda social unánime do sur de Galicia: Supresión da
peaxe de Rande e a reducción dun 50 % do tramo Vigo-Pontevedra.
A xunta recoñece a natureza eminentemente
metropolitana dos tráficos existentes entre O Morrazo e Vigo, e que os usuarios
non dispoñen dunha alternativa razoable.
Queremos
recordarlle a Xunta que perxudicados pola peaxe son todos e cada un dos
cidadáns que a padecen, non solo os que cumpren os requisitos impostos pola
Xunta.
E un sistema discriminatorio e inxusto.
O número de
solicitudes danos idea do fracaso deste invento do bono peaxe, pero aínda que
fose maioritario mentres quedase alguén que non puidese acceder a el, seguiría
sendo inxusto e discriminatorio.
Aumenta a inxustiza social.
O non conseguir pasar ese filtro a maioría da
poboación seguira pagando peaxe.
Ante a incapacidade de xestión diante do ministerio
de Fomento idean un sistema de bono peaxe que financia a Xunta e Deputación cos
impostos de todos.O final de ano os beneficiarios desta subvención terán que
devolver a través da súa declaración da renda parte das prebendas recibidas.
O goberno
galego vive fora da realidade, os logros dos que fan gran propaganda
institucional –que pagamos todos-,non se corresponde coa realide que sufrimos
os usuarios da A9 no sur de Galicia, ofrecéndonos solucións claramente
insatisfactorias e que supoñen un fraude o incumprir sistematicamente as súas
promesas electorais.
Saúdos, volveremos
a vernos en Rande.
Moaña, 13 de xullo do 2002 Modesta
Riobo
Presidenta