A PLATAFORMA ANTIPEAXE CONTINÚA
O SEU LABOR
INFORMATIVO E REIVINDICATIVO EN
INTERNET
A
plataforma cidadá pola supresión da peaxe ofrece os
datos de entradas na súa páxina principal e nos
dominios rexistrados por ela.
Dominios
rexistrados www.randeune.com, www.bonopeaxe.com,
www.antipeaxe.com
e www.audasa.org
17.782
visitas no ano 2004
Das
1.247 visitas en xaneiro ata as 3.068 visitas de decembro.
Dende o mes de setembro (coincide coa campaña do bonopeaxe
para tod@s),
as visitas estabilízanse en 100 diarias. A polémica do
ano 2005 fixo subir as visitas a 150 cada dia. Rexístranse
visitas de ata 25 países diferentes (España, gran
parte de Sudamérica, Japón, Singapur, Australia, etc).
A
páxina actualízase practicamente a diario coa
información que acerca das peaxes no sur de Galicia xenera a
Plataforma, os medios de comunicación ou calquera outro
organismo ou administración.
A
páxina ofrece acceso ós apartados de historia, o
boletín, os estatutos, documentos, As promesas, comunicados
de prensa, a descarga da canción, humor e datos de contacto
da plataforma. (pequena descrición de cada apartado)
Destácase
información respecto dos propietarios da concesión,
unha estadística de paso de vehículos pola ponte dende
1995 ata 2004, Información sobre os beneficios da
concesionaria ( SACYR) no último ano e un listado das tarifas
da ponte dende o 1981 ata agora.
Ofrécese
un acceso directo a toda a información de que dispoñemos
sobre o bonopeaxe, incluso a descarga dos modelos para solicitar a
subvención no concello.
Podemos
escoitar a promesa que fixo Rajoy o 5 de febreiro do 2000 (“Yo
les puedo asegurar que en la próxima legislatura no habrá
peaje en Rande”).
Agrupadas,
ofrécense todo tipo de informacións acerca da
privatización de ENA, coa concesión ampliada ata o ano
2048.
Diariamente
actualizada, ofrécese toda a información da que dispón
a plataforma en formato dixital (comunicados, noticias de prensa,
artigos de opinión, todo tipo de documentos, viñetas
de humor, etc) dende o 18 de novembro de 1998.
Por outra banda, a Plataforma
mantén unha serie de contactos con organizacións e
plataformas cidadás de diferentes puntos de España para
estar informados doutras reivindicacións e das promesas e
acordos que se van producindo entre o ministerio de fomento e
diferentes comunidades autónomas, concellos, etc.
Por último, ten instaladas
unha serie de “alarmas” nos principais buscadores para
que nos remitan a información que se vai xenerando e que teña
que ver con peaxes, acordos, promesas do psoe, etc. en calquera punto
da xeografía española.
O Morrazo, 30 de
xaneiro de 2005
Secretaría da
Plataforma Cidadá pola supresión da peaxe

|