MÁIS REBAIXAS E SUPRESIÓNS DE PEAXES

NAS AUTOESTRADAS CATALANAS

MENTRAS, AQUÍ AGARDAMOS VER AS CONDICIÓNS

DA PRIVATIZACIÓN DE ENA NOS PRÓXIMOS DÍAS

 

 

       Este ano 2003 comezou con novas rebaixas e supresións de peaxes para os usuarios das autoestradas catalanas. O goberno catalán aprobou a gratuidade das peaxes entre La Llagosta e Mollet (C-33) e entre Rubí e Les Fonts (C-16) en Barcelona para os usuarios habituais e para todo tipo de vehículos.

        Tamén aprobou descontos do 50% nos túneles del Cadí (Lleida) e nos del Garraf (Barcelona). Para compensar a gratuidade a Generalitat deberá desembolsar entre 4,5 e 4,8 millóns de euros ó ano.

        Os descontos benefician ós usuarios que realizan un mínimo de oito viaxes ó mes, de luns a sábados, sen incluír os festivos. O criterio seguido polo goberno autonómico do que dependen estas vías foi o de acordar a gratuidade para os usuarios habituais que non teñen unha vía alternativa para efectuar as súas comunicacións por razóns obrigadas. Un caso moi semellante ó da Ponte de Rande na Ría de Vigo.

        Mentras tanto aquí en Galicia observamos con preocupación como se acerca a privatización de ENA, grupo no que está incluída a A-9, e tamén como a Xunta non dá información do proceso que debería levar consigo a supresión para todos da peaxe de Rande e a remodelación das tarifas para que non seguiran sendo discriminatorias na provincia de Pontevedra que se está convertindo no territorio do Estado con máis km de peaxe.

        Desde a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe solicitamos ó Presidente da Xunta que informe á cidadanía dos pasos que deu diante da SEPI tal como se comprometeu no seu día. (Ver declaracións súas de 12.04.2002 na www.randeune.com apartado As promesas ).

        El Presidente de la Xunta reiteró ayer la intención del gobierno gallego de garantizar la gratuidad del peaje de la A-9 entre Vigo y el Morrazo, aprovechando el proceso de privatización de AUDASA.”

        Unha privatización valorada xa en 1.500 millóns de euros ou o que é o mesmo 250.000 millóns de pts. que aportamos nun 70% tódolos galegos e que irán directamente ás arcas do Estado. ¿Cal vai ser a compensación ou a solidariedade do goberno central?

        Aquí deixamos a pregunta no aire e nos vindeiros días comprobaremos se a supresión está no caderno de venta que se vai entregar ás empresas interesadas neste fabuloso negocio das autoestradas. Información que lle foi solicitada a tódolos grupos parlamentarios e á SEPI.

        A directiva da Plataforma tomou o acordo de convocar a VII MARCHA POLA SUPRESIÓN tan pronto como se saiba que no prego de condicións non se contemple a supresión dunha peaxe inxusta que levamos pagando 22 anos e que non estamos dispostos a pagar ata o 2048.

                                                                               O Morrazo, a 31 de xaneiro de 2003

                                                                                           A  XUNTA DIRECTIVA