MANUEL MÉNDEZ ELEXIDO PRESIDENTE DA
PLATAFORMA
CIDADÁ POLA SUPRESIÓN DA PEAXE
A marcha pola
supresión continúa foi o lema que presidía a reunión
Como vicepresidentes estarán Eloy Alonso de
Vigo e Verísimo Pazos de Pontevedra
Manuel Méndez Fraguas, que xa fora responsable da Plataforma na etapa de 1999 a 2002, retoma outra vez a presidencia da asociación con novos folgos para continuar o labor de búsqueda da solución definitiva á inxustiza que supoñen tanto a peaxe de Rande como a de Vigo-Pontevedra ou a entrada en Chapela desde Vigo ou desde Puxeiros.
Este profesor moañés foi elexido o pasado venres nunha asemblea xeral da plataforma que abarrotaba o salón de actos da casa do mar, proba da implantación social deste colectivo. Alí estaban o alcalde de Vilaboa, a expresidenta Modesta Riobó, a presidenta da Federación Eduardo Chao de Vigo Elena González, Angel Mario Lago presidente da federación Castelao de Pontevedra ou colectivos doutros lugares como Cangas ou Chapela.
As vicepresidencias corresponderanlle a Vigo e Pontevedra e foron propostas polas súas Federacións de Veciños. Por Vigo estará Eloy Alonso e por Pontevedra Verísimo Pazos que é un dos máis veteranos da asociación.
O resto da directiva quedará organizado nunha próxima reunión da mesma na que se distribuirán os cargos de secretarías, tesourería e vocalías.
Durante a asemblea recolléronse importantes suxerencias de cara a continuar coa reivindicación e o modelo de levar a loita pola supresión foi alabado por varios dos presentes. Clarexouse a dúbida que podía haber sobre a nova etapa que se aveciña con gobernos diferentes en Madrid e na Xunta. ¿ Seguirá presionando a plataforma igual que cando gobernaba o PP ?
Deixouse claro que si e a primeira crítica xa se fixo ao programa conxunto de goberno asinado polo PS de G e BNG que ao longo de oitenta páxinas non tocaron siquera este tema como unha das infraestructuras das que hai que falar necesariamente co goberno central, especialmente coa ministra de Fomento. Tamén se informou de medidas que o actual ministerio de fomento está tomando noutras comunidades autónomas e das negativas a incluir este caso nun dos asuntos a tratar.
Por mandato da asemblea terán que solicitarse entrevistas co presidente da deputación de Pontevedra ante a ameaza de non seguir pagando o bono peaxe despois de fin de ano e tamén co novo presidente da Xunta, vicepresidente e conselleira de Política Territorial, pasado un tempo prudencial.
Acordouse tamén
reforzar a campaña de solicitude masiva do bono-peaxe en tódolos concellos da provincia e denunciouse
o mal estado no mantenemento da AP-9, especialmente na Ponte de Rande que se atopa chea de lixo, pedras,
restos de plásticos, e na que, incluso por falla de limpeza, nace a herba no cativo arcén. A falta de limpeza
da autoestrada
pode se-la causa de accidentes neste tramo que
empeorou desde a privatización.
O Morrazo, 30 de xullo de 2005
O
Presidente: Manuel Méndez