PLATAFORMA CIDADÁ POLA
SUPRESIÓN DA PEAXE
CIF- G-36.361.889
MODESTA RIOBÓ
DIOS, Presidenta da Plataforma cidadá pola supresión da peaxe, con enderezo en
Verdeal, 22, Domaio – MOAÑA, MANUEL
MÉNDEZ FRAGUAS, Vicesecretario da mesma asociación, VERÍSIMO PAZOS BESADA,
Vicepresidente en representación da Federación de AA. VV. Castelao de
Pontevedra e JOSÉ CIDRÁS FERRADÁS, Vicepresidente en representación da
Federación de AA. VV. Eduardo Chao de Vigo, a vostede
EXPOÑEN:
Que diante do proceso de privatización do
grupo ENA e coñecedores de que vostede segue moi de cerca o tema e pode influir
no mesmo é polo que nos gustaría ter un cambio de impresións sobre o asunto
para expresarlle a nosa opinión.
Que dado que onte mesmo declarou que estaba
disposto a recibir a quen lle solicitara unha entrevista queremos transmitirlle
unha petición de interese público para que se resolva o tema da peaxe da Ponte
de Rande dunha maneira satisfactoria para todos, empresarios e usuarios, que
non dispoñemos doutra vía alternativa entre o norte o o sur da Ría de Vigo.
Que neste
momento vaise elaborar o pliego de condicións e a Xunta non debe quedarse á
marxe dado que a maioría das empresas que se van privatizar están aquí e os
beneficios que se prevén ata o 2048 serán aportadados en máis dun 75% polos
galegos. Algunha compensación deberiamos ter.
Por todo
elo,
SOLICITAN:
Que faga
un esforzo por recibirnos e nos conceda unha entrevista para dialogar sobre
este tema.
Agardando
a súa resposta e igualmente vernos compracidos aproveitamos a ocasión parea
enviarlle un saúdo
Moaña,
a 4 de outubro de 2002
A PRESIDENTA,
Modesta
Riobó
SR. DON MANUEL FRAGA IRIBARNE
PRESIDENTE DA XUNTA DE GALICIA
Pazo de Raxoi – 15705- SANTIAGO DE COMPOSTELA