“Seguimos pagando peaxe”
As declaracións
de intencións de Cuíña, Cascos e Fraga sobor do Tren de Alta Velocidade non
deixan de lembrarnos os documentos asinados pola Xunta hai máis de dous anos
onde se comprometían a NEGOCIAR CON FOMENTO A LIBERALIZACIÓN DA PEAXE DE RANDE
E Á REBAIXA DUN 50% NO TRAMO VIGO – PONTEVEDRA.
A aparición nos medios de comunicación de
Rajoy e Cuíña..., en épocas electorais ou ante a presión da cidadanía,
anunciando este compromiso e OS FEITOS despois de catros anos de existencia
desta Plataforma fannos pensar que se alguén a estas alturas cre nas palabras
de Cuíña “vaiche aviado”.
“Seguimos pagando
peaxe” cada vez que entramos ou saímos da casa –do Morrazo- é ben triste.
-Vou lembrarvos
unhas palabras ditas polo Ministro de Fomento no parlamento español hai tres
anos:
“El gobierno
continuará aplicando tres principios básicos cuando se trata de las autopistas
de peaje.
Primero, la red
de autopistas de peaje será siempre complementaria de la red de carreteras del
Estado y nunca alternativa.
Segundo, los
peajes serán siempre asequibles, en torno a las nueve o diez pesetas el
kilómetro.
Y tercero, una
autopista de peaje presupone necesariamente que tiene que haber una alternativa
gratuita en buen estado.”
Pois ben, non se
cumpre ningún dos apartados no caso que nos ocupa e os nosos gobernantes tan
tranquilos.
Para o sábado, 13
de abril temos convocada a VI marcha pola supresión da peaxe sin
discriminacións.
Do discurso da
Presidenta da Plataforma en Moaña o 5.04.02