O vindeiro martes, será recibida a Directiva da Plataforma
polos líderes da oposición no Parlamento Galego as 16 e 17 horas,
respectivamente. Os señores Touriño e Beiras coñecerán as impresións que sacou a Plataforma da
recente entrevista co Presidente da Xunta e terán a ocasión de escoitar os
argumentos deste colectivo que considera o momento actual como CLAVE para que
se acorde solucionar o problema aproveitando o proceso de privatización de ENA.
Por parte da Plataforma insistirán na necesidade de
obrigar á Xunta a cumprir os seus compromisos, incluso os acordos
parlamentarios e tamén se lles solicirará que dean a batalla no parlamento
español e ante o propio goberno do Sr,. Aznar, para que se remodelen as tarifas
en beneficio dos usuarios e para que non se nos condene a seguir pagando outros
cincuenta anos.
Ao mesmo tempo solicitaráselle apoio
para que os concellos máis afectados tomen a decisión de reunirse e presentar
iniciativas neste asunto que nos afecta a tódolos seus veciños.

Moisés Currás é a única persoa que vai ser xulgada
polos desperfectos cometidos despois da celebración da II MARCHA POLA SUPRESIÓN
celebrada o 22 de xaneiro de 2002. Parece unha acusación desproporcionada desde
o punto de vista da Plataforma que fai un chamamento á solidaridade con el para
que se asista ó acto do xuízo as 12 horas en Cangas.
Aquela manifestación rematou con varios
milleiros de persoas moi cabreadas que pintaron as cabinas, romperon algunha
vallas e pouco máis. Actos que protagonizaron especialmente varios menores que
a Garda Civil non quixo identificar e agora cárganse as tintas sobre unha soa
persoa. Algo verdadeiramente inxusto porque parece unha persecución persoal.
Moisés tivo a valentía de saudar a Fraga
precisamente cando inaugurou o pavillón
de Moaña e reclamoulle a supresión da peaxe coa camiseta pintada.
O
MORRAZO, a 19 – 10- 2002