UN ROTUNDO NON A OUTRA PONTE CON PEAXE

 

Diante da polémica suscitada polas diferentes propostas

de “pontes sobre a ría de Vigo”

 

Desde a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe queremos manifestar a nosa total oposición a unha nova ponte de peaxe na ría de Vigo. Estamos máis cerca da proposta que manteñen o PSOE e a Xunta de facer urxentemente unha nova autovía entre Pontevedra e Vigo.

Se fai falta outra ponte nos próximos anos é evidente que o lugar debe ser o máis curto, como manifestaron algúns técnicos, e, ademais, que sirva para desdoblar a de Rande e enlazar co corredor do Morrazo sen ningún tipo de peaxe.

Desde a Plataforma dirixirémonos aos concellos afectados para que se posicionen en pleno sobre o futuro das nosas comunicacións e llo manifesten á Xunta, ao Ministerio de Fomento e, se o consideran oportuno, tamén á confederación de empresarios que parece a promotora dunha obra pública que non é da súa competencia.

Lembramos cales son os puntos reivindicativos que recollen os estatutos da nosa asociación e que defendemos: a) Supresión para todos da peaxe de Rande b) Rebaixa da tarifa de Pontevedra-Vigo nun 50% mentras non teña autovía alternativa e gratuita e c) Ampliación e mellora urxente da estrada Nacional (de nacional ten somentes o nome) entre a Ponte de Rande e Vilaboa polo incremento do tráfico e a perigosidade actuais.

 

 

O Morrazo, 4 de setembro de 2004

O Presidente,

 

JESÚS CANCELAS FRANCO