UNHA NOVA PROMESA DA XUNTA

 

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe, analizada a decisión do consello da Xunta sobre a firma dun novo convenio para subvencionar a “algúns usuarios” da A-9 que cumpran unha chea de requisitos e fagan excusivamente o itinerario O Morrazo-Vigo, quere manifestar o seguinte:

 

1.- Trátase doutro acordo –e van alá media ducia deles desde o 10.02.2000- sen data de entrada en vigor que se toma incumprindo os prazos establecidos pola mesma Xunta no decreto aprobado o 28 de decembro pasado e publicado o 11.01.02.

 

2.- É unha clara resposta ó movemento cidadán a favor da supresión da peaxe de Rande que ten convocada a VI Marcha a pé o sábado e con estas declaracións do Sr. Fraga de hoxe e a firma de Cuíña de mañán cubrirán os xornais con grandes titulares prometendo unha “Tarxeta” que non existe na actualidade.

 

3.- Respecto de que é “un caso único en España”, efectivamente coincidimos en que noutras comunidades autónomas con máis peso político en Madrid, conseguiron que fora o Ministerio de fomento e o consello de ministros quen suprimiran as peaxes-ver acordos de decembro 99- na páxina Web da Plataforma www.randeune.com.

 

4.- A Xuntas non enviou as informacións favorables os solicitantes (uns tres mil) nin a caixanova nin ós propios solicitantes incumprindo tamén os prazos establecidos no decreto 11.01.02, polo que non poderán entrar en vigor “inmediatamente” tal como anunciou o Presidente. Esta comprobación realizouna onte mesmo a Xunta directiva na consellería de ordenación territorial persoalmente aproveitando a visita a Santiago para entrevistarnos co Valedor do pobo.

 

5.- Mañán, o conselleiro “profesional das promesas” cargará contra esta plataforma que é unha asociación legal e democrática, apoiada por centos de asociacións de veciños e empresariais, partidos e sindicatos. Unha asociación á que sempre se lle deu a razón e promesas que reiteradamente non se cumpriron.

 

6.- Por último, clarificar que non tódolos usuarios da provincia de Pontevedra se beneficiarán, nin as empresas de transporte de viaxeiros, nen o comercio nin outras entidades xurídicas, a pesares de terllo solicitado mil e unha veces. E a final de ano os que consigan-non se sabe cando- esta subvención terán que incluila na declaración de facenda.

                                          

                                                                                           O Morrazo a 11.04.2002

                                                                                         A  Presidenta da Plataforma: Modesta Riobó