A
PLATAFORMA ANUNCIA UNHA NOVA ETAPA
NA RECLAMACIÓN DA
SUPRESIÓN DA PEAXE DE RANDE
Condicións tan
incongruentes e inxustas como a de non contemplar a unidade familiar no uso
do vehículo, dado que “a utilización da tarxeta é persoal e
intransferible” e no caso de uso
por outra persoa que non sexa a titular do vehículo será considerado un uso
fraudulendo e conlevará a retirada da mesma. Darase o caso de que un fillo ou o
cónxugue do titular do vehículo non poderán legalmente usar a tarxeta. O
bono-peaxe impide o uso dos bens comúns da unidade familiar dado que somente
pode ser usado polo titular do vehículo.
Non poideron
solicitala as persoas xurídicas, é dicir, empresas, comercio, industria, nin tan siquera as
empresas do transporte de viaxeiros, etc., porque quedaron excluídas por
decreto. Outra inxustiza que sempre denunciamos. A tarxeta é insatisfactoria e
insuficiente para estes colectivos.
Non valerá para os
que realicen menos de 10 viaxes por mes nin máis de 80 como todo o mundo sabe.
Non será usada, polo tanto, pola maioría dos habitantes do Morrazo. É unha
medida moi restrictiva.
Tampouco valerá
para que che desconten o paso pola Ponte de Rande se viaxas de Vigo a
Pontevedra ou viceversa polo que esa tarifa seguirá sendo discriminatoria e
pagaremos o dobre en euros/km que no resto da A-9 e o triple que na do Val
Miñor. (A non ser que saias da Autoestrada na peaxe do Morrazo e volvas a
entrar).
Total que
seguiremos pagando todos a peaxe pero doutro xeito. Cos nosos cartos pero que
agora serán aportados pola Deputación e a Xunta que se nutren do diñeiro de
todos. Incluso van pagar estas “subvencións” os que non van disfrutar dese pase
gratuito por Rande. Pagaremos as peaxes tres ou catro veces: con impostos ó
Estado os tramos suprimidos de peaxe noutras comunidades e as autovías
gratuitas, con cartos da Xunta estas
subvencións, con cartos da Deputación, coa obrigatoriedade de declaralos na
renda e os que non teñan “tarxeta” volverán a pagar ó pasar por Rande.
Con este “parche
autóctono” parece que a Xunta renuncia a reclamar do goberno central a
supresión da peaxe de Rande como acordou unanimemente o Parlamento Galego ou
como debería ser porque non existe vía alternativa entre o norte e o sur da Ría
de Vigo. Sería ben triste.
É evidente que
agora se vai demostrar, na práctica, como non se cumpriron as expectativas
creadas con tantas promesas. Os “bonos-peaxe” van ter un uso minoritario e os que o reciban
non quedarán nin satisfeitos e menos cando o 1 de novembro teñan que renovar
tódolos certificados de estar ó día no pago con tódalas administracións e con
AUDASA e no ano que vén incluir esas cantidades subvencionadas na declaración
da renda.
Denunciamos que a moitos solicitantes
estánselle denegando as “tarxetas” indicándolle que deben aportar novos
documentos sobre a titularidade dos vehículos ou non contestan nos prazos establecidos
no decreto “dous meses” dicíndolle que están á espera de informes da Axencia
Tributaria.
Desde a Plataforma esixímoslle á Xunta,
unha vez, máis que cumpra os seus compromisos. Por un lado, cos solicitantes do
bono-peaxe e que non poña máis trabas burocráticas e por outro, que reclame a
Fomento o acordo do Parlamento Galego sobre a gratuidade para todos. Tamén
se lle volverá a insistir ó Valedor do Pobo que reclame da Xunta o cumprimento
do que ela mesma aprobou porque xa vai sendo hora e niso quedamos na reunión
mantida con el hai máis dun mes.
E por último, critícase a falta de resposta
do subdelegado do Goberno Millán Mon e da Xefa Provincial de Tráfico por
non contestar á petición de entrevistas solicitadas pola Plataforma para tratar
de diversas denuncias presentadas contra membros da mesma.
Rande une e a
tarxeta discrimina.