A
PLATAFORMA DENUNCIA A NULA XESTIÓN DA XUNTA
ANTE A
INMINENTE PRIVATIZACIÓN DE AUDASA
Diante do anuncio
da SEPI sobre a recta final da privatización de ENA e AUDASA a Plataforma
cidadá pola supresión da peaxe quere manifestar públicamente o seu posicionamento
sobre o silencio e a nula xestión da Xunta de Galicia.
A SEPI deu onte as últimas directrices sobre cómo se vai abordar o proceso de privatización comunicándolle ás empresas e entidades financieiras que entraron na poxa que aúnen as ofertas para configurar grupos máis potentes e equilibrados entre os que elexir ó adxudicatario.
A Plataforma
recibiu resposta ós escritos enviados ó valedor do pobo e ó Presidente do
Parlamento galego reclamándolle que instaran á Xunta a cumprir os acordos do
parlamento galego de 20 de marzo do pasado ano polos que se debería xestionar
ante o goberno central a supresión da peaxe de Rande para todos. O valedor
afirma que é competencia do Ministerio de Fomento e o presidente do parlamento
remitiulle a documentación á Consellería de Presidencia, relacións
institucionais e Administración Pública por ser este o organismo competente.
Mentras tanto o
calendario definitivo da privatización segue en marcha e os consorcios
interesados deben comunicar formalmente á SEPI a súa configuración e presentar
as ofertas na última decena do mes de maio, por un importe non inferior ós
1.100 millóns de euros.
Quedan varios
asuntos pendentes como son a posición do goberno de Navarra que posúe o 50% da
súa autoestrada –tamén dentro do paquete de ENA- e negouse a que entrara na
oferta e tamén o recurso da Plataforma ante o Tribunal Supremo presentado no
ano 2000 polo que o tribunal debería dictar sentencia en breve.
A Plataforma
advirte ó Presidente da Xunta de que se non cumpre o que el mesmo anunciou de
“garantizar a supresión entre Vigo e O Morrazo aproveitando o proceso da
privatización” poderán convocarse novas mobilizacións coa súa figura como
protagonista dunha nova “mentira”.
O vindeiro mes de
maio vai ser clave neste proceso e estaremos moi atentos ós pasos que se dean
porque de nada nos valen declaracións, promesas ou non xestionar o que está
acordado unha e mil veces.
O
Morrazo a 29 de abril de 2003
A XUNTA DIRECTIVA,
O Presidente,
Jesús Cancelas Franco