ANTÍA CAL lerá o
manifesto a favor da supresión da peaxe de Rande no remate da VI
marcha
Impulsora
do movemento de renovación pedagóxica en Vigo. En 1961 abriu o colexio Rosalía
de Castro, escola pioneira na nosa comarca na que se introduciron sistemas de
ensino inspirados nos novos movementos pedagóxicos europeos. Foi a primeira
escola na que se impartiu clase en galego. Antía Cal defendeu a cultura galega
e introduciu ideas progresistas e anovadoras no mundo do ensino nunha época na
que as escolas estaban presididas polos principios do movemento franquista.
Nomeada
Viguesa Distinguida 2002.
ANTÍA CAL, unha personalidade
destacada no mundo da cultura e do ensino, síntese de Domaio, onde vive desde
antes da inauguración da famosa Ponte de Rande, aínda que naceu hai un bo
puñado de anos en Cuba e pasou a súa mocidade nas terras da Coruña e Santiago.
A
Plataforma agradécelle de antemán a súa colaboración e a súa participación.