AS SUBVENCIÓNS DOS “BONOS-PEAXE” TERÁN QUE DECLARARSE A FACENDA. Así o confirma a Axencia Tributaria.

 

  Tal como viña anunciando a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe as cantidades que se perciban polo uso do “bono-peaxe” terán que ser declaradas a Facenda como un ingreso máis dos contribuintes segundo confirmou a Axencia Tributaria nun escrito remitido a membros da Plataforma que a título individual solicitaron a certificación por escrito.

Resposta da Axencia Tributaria asinada pola xefa do servicio da Delegación de Pontevedra: “En contestación a su escrito...relativo a la obligatoriedad de declarar en el IRPF la cantidad que percibirá por la subvención del peaje correspondiente al tramo  Vigo-O Morrazo de la A-9 le comunico lo siguiente: Esta subvención, cualquiera que sea su importe, se considera una ganancia patrimonial, que al no estar sometida a retención hay que declararla. No obstante, en ningún caso, tendrán que declarar los contribuyentes que obtengan exclusivamente rendimientos del trabajo, del capital, o ganancias patrimoniales cuando la suma de todos ellos no exceda de 601.01 euros brutos anuales (100.000 pts.)”

  Deste xeito queda ben patente o malestar que producirá entre os usuarios a confirmación desta noticia, sobre todo para os que dalgún xeito confiaban na gratuidade da peaxe dunha maneira total.

  Esta confirmación, así coma o escaso número de tarxetas emitidas e outras dificultades no seu uso por non servir para tódolos membros da unidade familiar senón para uso exclusivo do titular do vehículo, o non cumprimento dos prazos establecidos no decreto de 28 de decembro de entrega nun máximo de dous meses, as trabas burocráticas polas que se denegan, o non servir para pasar pola Ponte de Rande co conseguinte desconto a non ser que se saia da A-9 na peaxe do Morrazo ou o feito de non concederlla ás empresas de transporte de viaxeiros ou outras entidades xurídicas coma os comerciantes, industrias, etc., o límite do número dia viaxes entre 10 e 80,  fixeron elevar outra queixa ó Valedor do Pobo pola Plataforma.

  Este asunto e outros serán analizados o vindeiro luns nunha reunión da Xunta Directiva da Plataforma.

Moaña, a 8 de xuño de 2002

secretaria@randeune.com