BONO-PEAXE para tod@s

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe comeza hoxe unha nova campaña de reparto masivo de octavillas no Morrazo, Pontevedra e Vigo, nas que recomenda aos usuarios da AP-9 solicitar o BONO-PEAXE.

"Ningún usuario da Ponte de Rande debe pagar unha peaxe inxusta de 0,80 € cada vez que pasa por ela. Xa está recoñecida esta inxustiza pola Xunta de Galicia e, por esta razón, está en vigor unha medida chamada BONO-PEAXE que todos e todas debemos solicitar no noso concello se residimos na provincia de Pontevedra."

Documentos necesarios: fotocopia do DNI, certificado dunha entidade bancaria cun nº de conta, copia do último recibo do imposto de circulación e cubrir a solicitude que facilitan no concello.

Mentres funciona este sistema reclamamos unha serie de melloras:

Que se aplique ao transporte público de viaxeiros e mercancías.

Que se poida utilizar nas cabinas de Vilaboa para os usuarios do itinerario de Vigo-Pontevedra e viceversa.

Que a renovación das tarxetas sexa automática evitando ter que renovalas cada dous anos volvendo a entregar documentos repetidos (nº de conta, DNI, etc.)

E, por último, á espera das medidas que tome o goberno central para a supresión definitiva, tema comprometido repetidamente polo PSOE, a plataforma cidadá pola supresión da peaxe informará das accións ou medidas a seguir nos vindeiros meses.

Tlf información  902 502661 981 544985

 

Decreto e módelos para solicitar  a  subvención

Pontevedra-Vigo-O Morrazo, setembro 2004

O Presidente,

JESÚS CANCELAS FRANCO

 

* A web amiga apoia estupendamente a campaña BONO PEAXE PARA TOD@S . Animamos a visitar a súa páxina e usar o banner que crearon para promocionar este sistema de paso gratuito pola Ponte de Rande.                         

* Novo banner en apoio da campaña BONO PEAXE PARA TOD@S . (En concellodecangas.org)                          

+ INFORMACIÓN.