Jesús Cancelas Franco,
Presidente da Plataforma cidadá pola supresión da peaxe, con CIF G-36361889 e
enderezo en Berducedo, 49, 36959 MOAÑA, a vostede
EXPÓN:
Que foi elexido
presidente da Plataforma en substitución de Modesta Riobó hai poucos días e se
dirixe a vostede en representación da Asociación.
Que non estamos
de acordo coas súas declaracións públicas de que “la retirada de los peajes
sería nefasta para la comunidad ya que habría que indemnizar a las
concesionarias con los impuestos de todos... o las de que un gobierno que
acepte suprimir un solo peaje está renunciando a hacer más autopistas en el
futuro...” polas seguintes razóns:
¿A quen hai que
indemnizar no caso da supresión da peaxe da Ponte de Rande ou da remodelación de tarifas para que tódolos cidadáns
sexamos iguais cando utilizamos a A-9?
A realidade é outra, Sr. Conselleiro, dado que serán o
ministerio de economía ou o goberno central os que teñan que renunciar a unha
parte dos cuantiosos beneficios da A-9, pero non hai que indemnizar a ninguna
concesionaria, polo de agora. A A-9 aínda é unha empresa pública 100% e os seus
beneficios van parar integramente ás arcas do goberno central aínda que
procedan de tódolos galegos. Concretamente, no 2002, AUDASA obtivo 51,7 millóns
de euros (8.602 millóns de pesetas) de beneficios. ¿Sería capaz de calcular os
miles de millóns de beneficios ata o ano 2.048 e permanecer pasivo?
Do que se trata, Sr. Conselleiro é de reducir esas ganacias
e favorecer ós usuarios que non temos vía alternativa ou que pagamos o dobre ou
o triple en euros/km que no resto da A-9 ou da autoestrada do val Miñor, por
exemplo.
Hai precedentes de supresión de
peaxes.
Debería “poñerse
ó día” e repasar os acordos do consello de ministros desde 1997 ata o día de
hoxe e comprobará as supresións noutras comunidades autónomas en contraposición
coas rebaixas concedidas a Galicia o 4.02.2000 como proba do trato
discriminatorio.
Documentos da
Xunta.
Debería repasar algúns
dos documentos elaborados pola Xunta como os de 10.02.2000
ou do 8.11.2001, sobre a postura oficial da
Comunidade autónoma neste tema ou a inexistencia de vía alternativa á Ponte de
Rande, respectivamente.
Acordos do
Parlamento Galego.
Debería preocuparse polo encargo que ten a Xunta de cumprir o acordado polo parlamento galego 20.03.2002 ou de cumprir as promesas do presidente sobre o compromiso de garantizar a supresión da peaxe de Rande no momento da privatización de ENA 11.04.2002.
A privatización
de ENA se o goberno galego non reacciona e reclama unha parte dos beneficios
que emigrarán a Madrid ata o 2.048 só terá como perdedores ós usuarios da A-9 e
á comunidade autónoma, en xeral, e como beneficiarios ó goberno central e ós
compradores. Un tema escandaloso desde o noso punto de vista.
Parécenos grave, Sr. Conselleiro, que eses beneficios non revirtan en Galicia nin nos usuarios da A-9 que a utilizamos nun 80% por motivos de traballo, sanitarios ou de estudios e nalgúns casos dunha maneira obrigada pola ausencia de vía alternativa.
Por todo elo,
SOLICITA:
Que cando lle
pareza discutamos o tema en conxunto, pero procure que sexa antes de que remate
o proceso de privatización para que a SEPI modifique as condicións de venta,
favorecendo a liberación de peaxes nos “bucles urbanos” como lle chamaba o Sr.
Álvarez Cascos na reunión en Vigo na que vostede estaba presente.
Agardando que
reflexione sobre cómo se pode poñer fin a este trato discriminatorio e inxusto
que padecemos desde hai 22 anos aproveitando o momento da privatización, reciba
un saúdo
O
Morrazo, 17 de marzo de 2003
O presidente,