“CELEBRAREMOS  A  FIN  DA  PEAXE”

 

        A xunta directiva da Plataforma cidadá pola supresión da peaxe reunirase mañá, luns día 3 de abril, ás 20 h. no CEIP Reibón de Moaña,  con carácter extraordinario para analizar en profundidade o acordo de supresión da peaxe entre Vigo e O Morrazo que será presentado mañán polo Presidente Touriño e maila ministra de Fomento Magdalena Álvarez.

         Pola información da que dispoñemos será unha magnífica noticia que a nova Xunta poida anunciar a supresión da peaxe no primieiro ano da lexislatura cumprindo un compromiso electoral, tanto do PSdeG coma do BNG. Un compromiso que outros gobernos anteriores non fixeron realidade a pesares das múltiples promesas reiteradas desde o ano 2000.

         A intención da Plataforma na reunión de mañán  é valorar o acordo, transmitir á sociedade e aos usuarios esa valoración, felicitar á Xunta e ao goberno central, estudiar a situación económica da asociación e preparar unha festa para cando a supresión sexa efectiva. 

 

                                                        O Morrazo, a 2 de abril de 2006

                                               O Presidente da Plataforma:  Manuel Méndez