ACORDO EN ANDALUCÍA
SOBRE SUPRESIÓN DE PEAXE.
EN GALICIA, RANDE SEGUIRÁ
AGARDANDO
A
supresión da peaxe entre JEREZ e CÁDIZ será unha
realidade dentro de dous meses segundo os acordos a que chegaron
entre a Xunta de Andalucía e a concesionaria Aumar da AP-4 que
tiña unha concesión ata o 2019 nese tramo de 25 km. co
visto bo do Ministerio de Fomento, por ser o Estado o titular da vía.
A
Xunta de Andalucía terá que abonar un total de 72
millóns de euros á concesionaria nun prazo de 15 anos e
a empresa comprométese a asumir os costes de mantenemento da
vía e a convertila en gratuita para todo
tipo de vehículos.
Unha
peaxe que na actualidade custa 1,05 € -cunha tarifa moi por
debaixo da de Vigo-Pontevedra (2,60 €) nun tramo similar -e que, ademais, pasará á historia en poucos días.
Desde
a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe
preguntámonos qué é o que fan os deputados
socialistas da provincia de Pontevedra que aínda non
souberon explicar á ministra de fomento o tema da peaxe
inxusta da Ponte de Rande e tamén o das tarifas
discriminatorias do sur de Galicia, tal como se pon de manifesto por
tódolos estamentos da sociedade.
Tamén
se pode comprobar como avanzaron as negociacións de cara ao
rescate da concesión e non como aquí en Galicia en que
a Xunta se limitou a poñer en marcha un BONO-PEAXE con moitas
trabas burocráticas e que non resolve o problema a tódolos
usuarios senón a unha minoría dos que teñen a
obriga de circular pola Ponte de Rande.
Ademais dos
deputados galegos en Madrid e da Xunta existen outras institucións
máis próximas aos cidadáns como é o caso
dos concellos e a deputación de Pontevedra que se limitan
tamén a tomar acordos e a facer declaracións nos medios
de comunicación. ¿Cando teñen pensado dirixirxe
en serio ao goberno central que é o que ten as competencias
como levamos dito tantas veces? Dirixirse para establecer as
negociacións correspondentes e para que unha ou outra
administración se faga cargo de liberarnos da inxustiza que
padecemos desde hai 24 anos.
O
exemplo andaluz é o primeiro que será realidade en
pouco tempo con este novo goberno de Zapatero, pero aquí tamén
houbo compromisos recollidos no programa electoral socialista que non
podemos esquecer.
O
Morrazo, 22 de marzo de 2005
O
Presidente da Plataforma, JESÚS CANCELAS FRANCO