A PLATAFORMA CRITICA A NON INCLUSIÓN DA SUPRESIÓN DA PEAXE DE RANDE NO ACORDO ASINADO ENTRE Psde G e BNG

 

         A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe mostra a súa sorpresa ao comprobar que no acordo asinado entre o PS de G – PSOE e BNG de cara a acción de goberno na Xunta de Galicia non se recolla a supresión da peaxe de Rande.

         Despois dos compromisos adquiridos por ámbalas dúas organizacións nos últimos anos e, dunha maneira especial na última camapaña electoral, non entendemos como non se fai siquera referencia ás negociacións que deberá abrir a futura Xunta co ministerio de fomento o antes posible.

         A Plataforma ten convocada unha importante asemblea xeral para o próximo venres día 29, ás 21 h., na casa do mar de Moaña na que se analizará a situación actual e tamén se elexirá unha nova xunta directiva.

         Solicitamos a difusión da presente nota informativa e a presencia na asemblea a todas as persoas e colectivos asociados das comarcas de Vigo, O Morrazo e Pontevedra.

 

                                                        O Morrazo, 26 de xullo de 2005

                                                                  O  Presidente,

                                                           Jesús Cancelas Franco