DECEPCIONADOS CO PEIT APROBADO POLO CONSELLO DE MINISTROS PORQUE

NON HAI NINGUNHA REFERENCIA Á PEAXE DE RANDE.

EXISTE UN INCUMPRIMENTO PARLAMENTARIO

 

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe analizou o PEIT aprobado polo consello de mnistros o 23.XII.04 e constatou que non hai ningunha concreción sobre a peaxe de Rande tal como se agardaba despois de que se acordara no congreso dos deputados realizar un estudio e propoñer alternativas nun prazo de seis meses.

O Plan Estratéxico de Infraestructuras non son máis cá ideas postas nun Power Point con 39 diapositivas (ver acordo do consello de ministros) que non recollen medidas concretas que poidan aplicarse ao tema de Rande.

Incluso El Defensor del Pueblo en escrito dirixido á Plataforma daba certas esperanzas e tamén nos remitía aos estudios que se estaban realizando en tramos semellantes e que se concretarían no tal PEIT (ver documento na web:www. randeune.com)

A propia ministra de Fomento tiña declarado que só podería eliminar o pago de peaxes “en uno o dos casos, o que me dupliquen el presupuesto”. Pero desde a Plataforma observamos cómo se foron concretando dous perigosos antecedentes: un deles asinando un acordo ela mesma co presidente da Xunta de Andalucía sobre a eliminación da peaxe entre Jerez e Cádiz (27 km = 1€) do que se faría cargo a comunidade autónoma mentras Fomento realizaría unha autovía entre Jerez e Sevilla. E outro denunciado por esta Plataforma hai poucos días sobre outro acordo asinado polo seu secretario de infraestructuras Antonio Monfort e o alcalde de Miranda de Ebro para liberar de peaxe un tramo de 18 km na AP-1 entre Pancorbo e Armiñón.

Denunciamos, pois, un incumprimento parlamentario e dous precedentes que supoñerán unha nova discriminación para a área urbana de Vigo – O Morrazo e Pontevedra.

Preguntámoslle tanto ao Sr. Touriño como ao o coordinador dos deputados socialistas en Madrid Antón Louro, polas súas últimas declaracións deste fin de ano: cómo se vai materializar o que eles chaman “garantizar la gratuidad para los tráficos cautivos” e “generalizar el bono-peaje a toda la población” respectivamente.

Desde a Plataforma apoiamos a supresión solicitada polo concello para o acceso a Redondela tal como recollen os estatutos desta asociación.

Por último, en relación co retraso nos envíos do bono-peaxe renovado a Plataforma recomenda aos usuarios que non lles chegara que non paguen a partir do primeiro de xaneiro e entreguen o DNI solicitando unha autorización de paso e á Consellería de PTOPV que non desactive os bonos caducados.

 

 

              O Morrazo, 30 de decembro de 2004                                                    O Presidente: Jesús Cancelas Franco