DENUNCIA CONTRA MANUEL MÉNDEZ POR PRESUNTOS “desórdenes
públicos” pola participación nunha marcha a favor da mellora da N-554 en
Vilaboa o 21 de xullo do 2001.
Acúsase a ambos de ser organizadores da marcha “polos signos
e actitudes claras de ser dirixentes da mesma” e en ningún momento foron
identificados nin advertidos polos axentes da posible infracción que cometían.
Manuel Méndez alega que a acusación de ser organizador da marcha é
rotundamente falsa dado que
os organizadores eran todas as Asociacións de Veciños do concello de Vilaboa
acolléndose ós dereitos legais que lles asisten para convocar a citada marcha.
Asimesmo manifesta que a marcha fora comunicada coa antelación
suficiente á Subdelegación do Goberno e contaba coa autorización correspondente
ó igual que ocorre con tódalas manifestacións pola supresión da peaxe.
Manuel Méndez aproveitou a declaración para denunciar a represalia
e a coacción que supón esta nova denuncia sobre o movemento veciñal querendo
convertir unha reclamación xusta como é a de reclamar a mellora da
seguridade na Nacional 554 na que se deben construir beirarrúas, poñer
alumeado, ampliar, etc. nun presunto problema de orde público que non existe
dado o carácter pacífico da marcha.
A “chuvia de denuncias penais e administrativas contra os membros
do movemento cidadán e usuarios da A-9 en particular semella ser parte dunha
campaña artellada para amedrentar e retorsionar a tódolos usuarios. A
criminalización das protestas a sabendas da súa falta de fundamento constiúe un
auténtico abuso de dereito ou desviación de poder.”
Agardamos que por parte do Sr. Millán Mon se dean as explicacións oportunas
polo comportamento dos axentes que estaban de servicio tanto ás Asociacións de
Vilaboa como á Plataforma pola supresión da peaxe. Criticamos tamén a falta de
resposta a unha reunión solicitada formalmente pola Directiva da Plataforma
para falar desta denuncia e outras.
Consideramos que
estes feitos das reiteradas denuncias atentan contra as liberdades e dereitos
democráticos e convirten en víctimas ós usuarios que reclaman unhas xustas
reivindicacións nunha estrada “nacional” que non reúne as condicións de
seguridade que debería ter desde hai moitos anos e que o Ministerio de Fomento
ignora nos seus presupostos a pesares das múltiples promesas de realización de
melloras.
En
Cangas, a 24 de maio de 2002
Manuel
Méndez Fraguas