DENUNCIAS CONTRA A PLATAFORMA

Con argumentos falsos

 

Asistimos nestes pasados días -23 Febreiro no Atlántico, Voz de Galicia Edic. Vigo e no Faro de Vigo Edic. Morrazo e Diario de Pontevedra-  a unha ceremonia da confusión porque algúns medios publicaron que Fomento abonaba a Catalunya 17 M de € para “rebaixar peaxes” nun 7%, aínda que logo facían referencia a un decreto do ano 1999 polo que se establecían unha serie de compensacións a tódalas concesionarias das autoestradas.

Algúns políticos, coma o alcalde de Cangas e mailo presidente da Deputación, xa denunciaron que o Ministerio de Fomento entregaba 17 M de € a Catalunya para que rebaixara as súas peaxes nun 7% e arremetía contra esta Plataforma por non denunciar a posible discriminación. “En Catalunya se rebajarán peajes mientras que el de Rande sube”.

Nada máis falso por non estudiar a fondo as cousas. Os economistas que colaboran coa Plataforma aclaráronnos esta situación e podemos informar con todo rigor que esta compensación obedece a un convenio e a un real decreto 6/1999 polo que se rebaixaran as tarifas nun 7% e logo houbo que compensar ás concesionarias ou á Generalitat, porque corresponde a autoestradas da súa competencia. Aquí en Galicia, aquel decreto tamén favorece tódolos anos a AUDASA.

 

DATOS SOBRE REBAIXAS E INDEMNIZACIÓNS A AUDASA

PARA COMPARAR CO CASO CATALÁN

 

Exercicio e

Presupostos xerais do Estado

Concesionaria

Total transferencia en €

EXERCICIO 2000, PXE 2001

AUDASA

4.843.965,30

EXERCICIO 2001, PXE 2002

AUDASA

5.886.320,58

EXERCICIO 2002, PXE 2003

AUDASA

6.300.722,41

EXERCICIO 2003, PXE 2004

AUDASA

6.962.645,61

EXERCICIO 2004, PXE 2005

AUDASA

8.001.584,31

TOTAL

 

31.995.238,21

 

Así é que no caso galego, atopamos recollida esta importante transferencia nos presupostos xerais do Estado dos últimos anos. Aínda que nós como Plataforma non esteamos de acordo porque esta transferencia é hoxe sangrante e non debería estar xustificada despois da privatización e dos bos resultados que ten a propia AUDASA.

 

O Morrazo, a 28 de febreiro de 2006

Manuel Méndez, Presidente da Plataforma