|
FESTA POLA SUPRESIÓN DA PEAXE –rolda de prensa-
As figuras conmemorativas da “Ponte de Rande” realizadas por Sargadelos levan unha inscrición que é a seguinte: 1981-2006 XXV ANIVERSARIO DA PONTE DE RANDE E MAIS DA SÚA PEAXE COMO AGRADECEMENTO POLA SÚA COLABORACIÓN QUE FIXO POSIBLE A LIBERACIÓN DA PEAXE ENTRE O NORTE E O SUR DA RÍA DE VIGO. PLATAFORMA CIDADÁ POLA SUPRESIÓN DA PEAXE Trátase dunha pequena figura de cerámica vidriada orixinal e deseñada para esta ocasión que calificamos de histórica. De todas maneiras no acordo coa fábrica de Sargadelos facemos público que os interesados/as en poder mercala e tela de recordo poderán facelo despois da festa e do novo proceso de fabricación nas tendas de Sargadelos pero sen a inscrición anterior. É unha pequena figura que contrasta co seu alto valor polo significado que ten dunha reclamación exemplar levada a cabo pola cidadanía das comarcas do Morrazo, Vigo e Pontevedra e dirixida pola Plataforma. Unha reclamación que foi asumida por todos e resolta dentro dunhas negociacións cheas de dificultades para esta nova Xunta que vai cumprir axiña o seu primeiro ano da lexislatura. Unha figura que pagará o concello de Moaña por ser o anfitrión da festa e por querer colaborar coa mesma dunha maneira importante, por un importe próximo aos tres mil euros. Para o concello o noso agradecemento. Tamén debemos reseñar a importante colaboración da Consellería de Cultura e Deporte que se fará cargo da montaxe da infraestructura de luz e son necesarias para o concerto de X.M. Budiño e para as demais actuacións. Deseguida relacionamos outras colaboracións por orde de importancia: En primeiro lugar Rodman e despois Caixanova, Frigoríficos do Morrazo, Fandicosta, A Moa – Técnica, COVSA e José L. Álvarez Souto e outras modestas aportacións cheas de significadao como A.D.M. , Romero Soliño, Inmoxestión Moaña etc. Podemos destacar a confirmación da presencia de tres conselleiras como son Ánxela Bugallo, de Cultura, Carmen Gallego, de Pesca e Mª José Caride de Política Territorial. Tamén a maioría dos alcaldes do Morrazo e das comarcas de Vigo e Pontevedra que tiñan asistido ás marchas, así como representantes de asociacións moi diversas, medios de comunicación, asesores, empresarios, etc. Adxuntamos a continuación un guión do que será a propia festa: Celebrarase no palco da música do paseo marítimo de Moaña o sábado 24 de xuño a partires das 21, 15 horas. (As entregas dun cento de Pontes de Rande “libres de peaxe” entre o norte e o sur da Ría de Vigo, irán acompañadas de proxección de fotos e vídeos en pantalla xigante nos intermedios realizada coa colaboración fotográfica de FARO DE VIGO, LA VOZ DE GALICIA, NURIA PÉREZ e XOSÉ CARLOS VILLAVERDE.)
Presentarán: Loreto Costa, xornalista da TVG e Fran Paredes, actor de teatro. 21,15 h actuación dos Carunchos. 22 h. 1ª entrega de galardóns Para os primeiros que comenzaron coa reivindicación – Ex alcalde de Cangas Euloxio López, ex alcalde de Moaña Cándido Pena, representantes das Federacións de AAVV de Moaña, Vigo, Pontevedra, comunidades de Montes, deseñadores da publicidade, Antía Cal (fala un minuto Suso de Toro) Escoitase a canción da Plataforma do ano 1999 ilustrada con imaxes dos galardonados e das manifestacións. 22,15 h. 2ª entrega de galardóns Detidos: Antonio Sangabriel, Víctor Pastoriza, Insubmisos: Moisés Currás, Pablo Currás, alcaldes ou ex alcaldes das comarcas do Morrazo, Vigo e Pontevedra (fala un minuto o alcalde de Moaña) 22,30 h. actuación dos regueifeiros Luis “O Caruncho”, Benito Lobariñas e Pinto de Herbón. 22,45 h. 3ª entrega de galardóns Asesores da Plataforma, Xornalistas, fotógrafos, humoristas, Medios de Comunicación, (fala un minuto Antonio Cascante, un avogado do gabinete xurídico da Plataforma) 22,55 h. Proxección de imaxes e música no intermedio 23 h. 4ª entrega de galardóns para as empresas que colaboraron, actores de teatro como Antonio Durán “Morris” e outros, Asociacións, ……(despois falará un minuto en nome dos premiados Antón Reixa) 23, 10 h. actuación do Mago Antón 23,25 h. 5ª entrega de galardóns a deputados e deputadas que asistiron ás marchas .Están convidadas as conselleiras de Cultura, de Política Territorial e a de Pesca e a Presidenta do parlamento galego Dolores Villarino (fala un minuto a Conselleira de Política Territorial) 23, 40 h. Proxección do DVD do acordo da supresión da peaxe 23,45 h. 6ª e última entrega de galardóns Directivos e ex directivos da Plataforma (fala un minuto o Presidente da Plataforma Manuel Méndez) 24 h. Actuación de Xosé Manuel Budiño (é posible que poidan cantar algúns artistas en plan sorpresa.) Moaña a 23 de xuño de 2006 A Xunta Directiva da Plataforma
|