A PLATAFORMA CIDADÁ POLA
SUPRESIÓN DA PEAXE REMITE IDEAS AO PSde G
A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe acordou, na reunión da súa xunta directiva celebrada onte,
responder á petición pública do Partido Socialista enviándolle
un correo electrónico con ideas de cara a lograr a supresión da peaxe de Rande, así como para abaratar o tramo de
Vigo-Pontevedra.
En primeiro
lugar, gustaríanos que antes de facer
promesas novas sobre o tema que nos ocupa e preocupa, que se cumpriran as “promesas resesas” –referímonos ao programa electoral
das pasadas eleccións xerais
do 2004-.
En segundo lugar que o Sr. Louro convenza a Touriño ou a ZP
para que, mentras non se liberalice a Ponte de Rande,
se “generalice el bono peaje” como ten dito porque,
efectivamente, debería ser universal e sen tantas trabas burocráticas como as
que ten agora e que somentes
usamos o 40% dos usuarios que facemos o itinerario
entre Vigo e O Morrazo. Un bono-peaxe que debe ser
mellorado para que se poida
utilizar no itinerario Pontevedra-Vigo, que sexa
legal e útil o seu uso para toda a familia e non só para o titular do vehículo, que o poidan
utilizar as empresas, o transporte público de viaxeiros
e que deixe de ser considerado unha
subvención que hai que declarar a Facenda.
En terceiro
lugar, parécenos ben que se faga
unha autovía desde Pontevedra a Puxeiros-Vigo-
Porriño o antes posible.
En cuarto lugar, parécenos ben que se arranxe a denominada
“Estrada Nacional” entre Vilaboa e Domaio.
En quinto lugar, pareceríanos mellor que a
curto-medio prazo, debido ao
incremento do tráfico estimado, se fixera unha nova ponte en Rande libre de peaxe,
como vía metropolitana, e unida ó corredor do Morrazo e á saída
da AP-9 en Vigo.
Por último, queremos engadir un pequeno resume das negociacións e acordos que foi tomando o actual
Ministerio de Fomento con diversas comunidades autónomas ou alcaldes de determinadas localidades no último ano; acordos
baseados tamén en
compromisos electorais do PSOE, algúns
deles ratificados polo propio ZP en campañas pasadas
e outros asinados pola ministra de Fomento ou polos
secretarios de Estado de Infraestructuras.
ANDALUCÍA
O tramo Jerez – Cádiz da AP-4
(27 km e 1,05 €), que xa
contaba cunha tarifa branda,-quen
nola dera entre Pontevedra
e Vigo-, reducida por reales decretos dos anteriores consellos
de ministros, pasará á historia como vía de peaxe
segundo o acordo asinado
entre o presidente da Xunta de Andalucía e a concesionaria da autoestrada, a empresa Aumar.
Hai un ano, o 11 de maio
de 2004, o Sr. Chaves e a titular de Fomento, a
gaditana Magdalena Álvarez comprometéronse a que a
Xunta liberaría ese tramo da autoestrada e o M de F desdobraría a N - IV entre Sevilla e Jerez transformándoa en autovía libre de peaxe.
A supresión pactada, como se
sabe, terá un custo para a
Xunta de Andalucía de 75 millóns de €. Previamente, aprobouse un plan de autovías para esa comunidade
–2005-08- por un importe de 882 millóns de € e liquidouse a “deuda histórica” valorada en 2.500 millóns de €, na lei de acompañamento dos presupostos.
ASTURIAS
Vén de lonxe o
compromiso electoral dos socialistas de suprimir a denominada peaxe do “Huerna” na AP-6, autoestrada entre Asturias e León, tamén
do grupo ENA, peaxe que encarece as comunicacións entre esa comunidade
e a meseta.
O presidente asturiano, Sr. Areces asegurou nos pasados días
“que la solución al rescate progresivo del peaje del Huerna se sustanciará
en 2005”. Mentras, o M de F insiste en prantexar unha autovía entre
Asturias e León como alternativa, pero asegura que tamén
estudia cómo reducir progresivamente a peaxe actual,
(palabras de Víctor Morlán, secretario de Estado de
Infraestructuras –o mesmo que negaba hai uns días a liberalización da peaxe da Ponte de Rande-).
É máis,
afirmaba textualmente “Los ciudadanos tienen derecho a que haya una vía de
alta capacidad gratuita al lado de donde exista una de pago”. ¿Como se
traduciría ese argumento no caso da Ponte de Rande? Argumento legal e lexítimo por outra parte. Somentes que desde aquí parece que volve
a haber dúas varas de medir no Ministerio de
Fomento.
CASTELA-LEÓN
Nesta comunidade,
ademáis da anterior unión con Asturias, existe unha saída na AP-1 cara ó País Vasco
entre Ameyugo – Pancorbo e Armiñón
(Álava) e un acordo entre o goberno
central e a concesionaria Europistas asinado en decembro de 2004, que
será publicado antes do verán, e que consiste na
construcción dun terceiro
carril en cada sentido entre Armiñón e Ameyugo (Burgos), con novos
accesos e cun prazo de
realización de dez meses desde a súa
publicación, que permitirá a circulación gratuita entre ambas localidades e a
circunvalación de Miranda de Ebro antes do verán de
2006. (Son 18 km que custan
2,60 €).
COMUNIDADE VALENCIANA
O M de F e a Generalitat Valenciana asinaron
un protocolo de colaboración en infraestructuras viarias por máis de 5.000 millóns de €. A Generalitat conseguiu que Fomento
financie unha autovía gratuita como alternativa á
AP-7 que percorrerá a comunidade
de norte a sur.
O acordo
supón unha inversión de 5.000 millóns
de € ata o 2010 e foi asinado
pola ministra de Fomento e o presidente Francisco Camps nos pasados días.
Aproveitamos a ocasión para enviarlle
un cordial saúdo e lembrámoslle
que non nos gustaría quedar como “los
últimos de la fila”, tal como sucedeu co anterior goberno do Sr. Aznar, segundo se pode consultar en pasados acordos tomados en consellos de
ministros e que vostede coñece
perfectamente.Atentamente, desde a Plataforma cidadá pola supresión da peaxe.
Xunta directiva, a 4 de maio de 2005. O
Presidente, Jesús Cancelas Franco