QUE NON DIGA TONTERÍAS O PRESIDENTE DE SACYR

E que invirta parte dos beneficios en mellorar a seguridade da autoestrada

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe de Rande acordou responder publicamente ás declaracións do presidente de Sacyr Vallehermoso, Luis Fernando del Rivero, principal accionista de AUDASA, cando se atreve a afirmar que “Somos los dueños del Puente de Randeporque comete un erro de bulto.

Lembrar que ten unha concesión –un 50%- dunha autoestrada que segue sendo patrimonio público, e, polo tanto, non debería decir tonterías.

Respecto do incremento dos beneficios nun 23 % no último ano e da previsión de que en menos de quince anos recuperarán os 1.586 millóns de euros invertidos, pode verse con claridade como o proceso de privatización favorece aos empresarios e non ós usuarios.

Desde hai un ano, coa privatización, os últimos cambios na autoestrada foron a peor na seguridade vial, ordenando apagar o alumedado nocturno na Ponte de Rande e accesos a Vigo, así como na ponte da Ría en Pontevedra. Tampouco mellorou a limpeza de arcéns, nin o firme en moitos tramos e parte deses beneficios deberían dedicarse a estes fins.

O Ministerio de Fomento debería modificar a normativa existente, se é necesario, e esixir á concesionaria que non cometa estes abusos dado que os tramos mal iluminados multiplican o número e a gravidade dos accidentes.

Recomendámoslle a uns e a outros que se extremen as medidas de seguridade no tramo Pontevedra-Vigo tanto para evitar accidentes como as longuísimas retencións que se producen a diario, e máis despois de calquera sinistro.

Desde a Plataforma lembrámoslle ós nosos representantes políticos que actúen e non deixen pasar por alto as declaracións do Sr. Rivero nin as de portavoces de AUDASA cando afirman que ninguna normativa nos exige la iluminación nocturna”.

Que saiba a concesionaria que os usuarios seguiremos reclamando unha Ponte de Rande libre de peaxe e solicitámoslle ó goberno central que estudie o incremento do tráfico para variar os términos da concesión tendendo a favorecer ós usuarios reducindo ó máximo a próxima autorización do incremento de tarifas e teñan en conta os prezos por quilómetro de toda a AP-9. Seguimos denunciando a discriminación existente na provincia de Pontevedra desde a capital ata a fronteira portuguesa porque como é ben sabido as tarifas duplican ás dos demáis tramos.

O Morrazo, 20 de novembro de 2004 

O Presidente da Plataforma,

JESÚS CANCELAS FRANCO