A PLATAFORMA ANTIPEAXE

RESPONDE A LOUZÁN

         

Respecto ás reiteradas críticas recibidas pola Plataforma cidadá pola supresión da peaxe do Sr. Louzán, queremos dicirlle que a coherencia significa manter a reivindicación nun grao elevado e tamén no debate político e pensamos que ese obxectivo está conseguido.

En segundo lugar imos poñerlle un exemplo de cada ano dos pasados nos que a Plataforma convocaba manifestacións para que reflexione sobre as diferencias nas decisións que se tomaron nos gobernos anteriores e que significaban un agravio comparativo evidente con Galicia.

Agora, a Xunta diríxese por primeira vez ao Ministerio de Fomento e por esa razón dicimos que é unha postura correcta.

No ano 1999 o goberno de Aznar suprime peaxes en Barcelona e Tarragona en tramos semellantes ao de Pontevedra-Vigo e aquí suprímese exclusivamente o de Teis-Puxeiros.

No ano 2000 o goberno de Aznar amplía a concesión de AUDASA en 25 anos sen xustificación e aproba unhas mínimas rebaixas do 19,13% e do 30% entre Pontevedra-Vigo e Vigo-O Morrazo respectivamente. Ao día seguinte Rajoy promete en Vigo que se suprimirá a peaxe de Rande e haberá novas rebaixas se o PP gana as eleccións.

No ano 2001 o consello de ministros aproba unha rebaixa do 50%, nada menos, no tramo entre Jerez e Cádiz. Pasa a custar 1 € circular en 27 km e Pontevedra –Vigo custa 2,40 € por menos km.

Nos anos 2002 e 2003 a Plataforma insiste ante o propio Fraga, Cascos,  Núñez Feijóo e vostede mesmo en que se debe recurrir ao ministerio de fomento e ao goberno central para que solucione os problemas pendientes antes da privatización que se aveciñaba.

No 2003 consúmase a privatización da empresa que significaba o meirande patrimonio público de Galicia sen resolver os problemas prantexados reiteradamente.

A partir desa data non se volven convocar manifestacións e aínda lle quedaba un ano de goberno ao Sr. Aznar. Agora, igual que antes, o calendario marcámolo nós, non ten que indicárnolo ningún partido político. A Plataforma ten unha estratexia marcada e que funciona. Deámoslle o tempo que nos pedíu a conselleira para rematar os acordos porque aínda leva pouco máis de seis meses no cargo.

 

¿Que máis agravios se podían cometer? ¿Como iamos permanecer pasivos?  

 

                                      O Morrazo, 21 de febreiro de 2006

                                      O Presidente da Plataforma: Manuel Méndez