A Plataforma antipeaxe responde a “El defensor del pueblo”, Núñez Feijóo e a Rafael Louzán

 

A Plataforma cidadá pola supresión da peaxe dá conta do último escrito recibido en resposta ás queixas presentadas ante esa Institución e remitido pola Adjunta 1ª del Defensor Mª Luisa Cava de Llano ( ver detalle)  no que

“Se indica que se está estudiando el tema del Peaje de Rande en el Ministerio de Fomento junto con otros de problemática similar en la elaboración del Plan Estratégico de Infraestructuras y Transportes (PEIT)”.

“Se desprende de cuanto antecede que el problema planteado no tiene una solución inmediata aunque la voluntad política que se trasluce conduce a considerar que se van a adoptar medidas tendentes a lograr una adecuada solución al aunto de que se trata.”

“Se ha pedido a la administración que actue con agilidad en la conclusión del estudio dado el tiempo desde que se viene solicitando por los usuarios de ese tramo de autopista la supresión del peaje”.

A Plataforma considera que esta Institución se limita a informar do que lle di o Ministerio de Fomento e non a defender aos usuarios tal como se lle reiterou en numerosas ocasións. Todo o que nos conta xa o sabiamos. Parece que perdemos o tempo enviándolle queixas documentadas da inxustiza que sufrimos desde hai 23 anos.

En segundo lugar, en relación coas últimas declaracións de Núñez Feijóo e Rafael Louzán (ver detalle) indicando que en decembro prantexarán o tema de deixar de pagar o bono-peaxe e que pedían ao goberno central que se fixera cargo da factura do bono-peaxe, queremos dicir que esa non é a solución.

Os esforzos das institucións galegas deberían ir encamiñados a reunirse cos máximos responsables de Fomento para expoñerlle a situación da Ponte de Rande como parte da área metropolitana de Vigo sen vía alternativa, indicándolle con rotundidade que se trata dun vial de acceso e saída de Vigo, que non merece ser chamado siquera un tramo de autoestrada polas deficiencias que ten e que se toleran (sen arcéns, sen iluminación nocturna, con límite de velocidade a 80 e outras carencias).

Respecto da ameaza de non afrontar o pago do bono-peaxe a partir de decembro, lembrámoslle que estas administracións asinaron en marzo deste mesmo ano un convenio ata finais do 2005 e con estas declaracións parece que se burlan dos usuarios por non cumprir os seus propios compromisos.

Lembrámoslle tamén que cando puxeron en marcha o bono-peaxe dicían a coro que “era marabilloso, un sistema único e moitas outras flores que están recollidas nas hemerotecas”.

Desde a Plataforma sempre se lle dixo á Xunta e á Deputación que era o goberno central quen debería suprimir a peaxe e agora dicimos o mesmo. Recomendámoslle á Xunta que siga esa xestión que non quixo facer en tempos de Álvarez Salgado e Cascos para non molestar ao goberno amigo.

O Morrazo, 6 de novembro de 2004

O Presidente: JESÚS CANCELAS FRANCO