|
VALORACIÓN MOI POSITIVA DOS COMPROMISOS DA CONSELLEIRA CARIDE
A conselleira de Política Territorial explicou onte en Cangas o compromiso, compartido polo presidente da Xunta, de que se suprimirá a peaxe entre Vigo e O Morrazo o antes posible. Evitou dar prazos pero asegurou que será unha solución definitiva e estable e que se producirá durante este ano 2006. A Plataforma, aínda que non se reuníu formalmente para valorar as súas palabras, confía en que esta vez poida ser realidade a solución que desexan os usuarios da Ponte de Rande. A Plataforma agradeceu a súa presencia así como as súas declaracións que confirman que a Xunta emprendeu, por primeira vez, o camiño adecuado negociando o tema co Ministerio de Fomento que é o competente nas decisións que hai que tomar. Decisións que requiren acordos entre ese Ministerio de Fomento, o de Economía, a Xunta e a propia AUDASA, que ten unha concesión ata o ano 2048. Acordos cheos de dificultades que comprendemos dado que implican un gasto para as arcas públicas que ronda os seis millóns de euros anuais.
CONVENCERON AS PALABRAS DA EXPERTA
Cremos que a conselleira Mº José Caride deu unha lección de economía, como boa profesora que é nesta disciplina, unha lección da historia da AP-9 e da súa importancia para Galicia da que definiu como a principal infraestructura, de cómo se ampliou a concesión innecesariamente no ano 2000 en 25 anos e tamén de cómo se “vendeu” o maior patrimonio público de Galicia no 2003, e, ademáis, sen arranxar os problemas pendientes que xa eran de sobra coñecidos.
Respecto do tramo Vigo-Pontevedra apuntou ao medio prazo para ter unha alternativa libre de peaxe que pasa pola construcción da autovía entre ámbalas dúas cidades e que na actualidade está en fase de estudios informativos do trazado.
O Morrazo, 18 de febreiro de 2006 O Presidente da Plataforma: Manuel Méndez
|