Addenda o acordo para a formación do Goberno de Galicia |
| As forzas políticas asonantes acordan propor ós seus
Grupos Parlamentarios. |
| (jueves 21 de julio de 2005)
|
|
1. SOBRE O FUNCIONAMENTO DO PARLAMENTO
1.1 Nas Comisións Parlamentarias o PSdeG proporá cinco membros e o BNG tres. 1.2 As Presidencias das Comisións Permanentes, agás a da Terceira Comisión, corresponderanlle ó PSdeG, cinco e o BNG, tres.
1.3 Os Grupos Parlamentarios presentarán unha Proposición non de
Lei para a Reforma do Regulamento
1.4 A renovación dos órganos nos que participe o Parlamento, será obxecto do acordo 2. SOBRE A DISTRIBUCION DE RESPONSABILIDADES NO EXECUTIVO DE GALICIA 2.1 O PSdeG asumirá: -A Presidencia da Xunta -A Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza -A Consellería de Economía e Facenda -A Consellería de Política Territorial,Obras Públicas e Transportes -A Consellería de Educación e Ordenación Universitaria -A Consellería de Sanidade -A Consellería de Pesca e Asuntos Marítimos -A Consellería de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sustentable -A Consellería de Traballo 2.2 O BNG asumirá -A Vicepresidencia de Relacións Institucionais e Benestar Social -A Consellería de Industria, Turismo, Comercio e Innovación -A Consellería de Cultura e Deporte -A Consellería de Desenvolvemento Rural -A Consellería de Vivenda e Solo 2.3 En relación coa actual estructura da Xunta: 2.3.1 A Presidencia terá as actuais competencias e servizos e ademáis: a) a Secretaría Xeral de Política Lingüística, que integra a actual Dirección Xeral b) a Secretaría Xeral de Comunicación que integra a actual Secretaría Xeral para as Relacións cos Medios Informativos, a Dirección Xeral de Comunicación e Audiovisual (sen perxuizo do que se regula no apartado 4 deste documento) e a Compañía de Radio Televisión de Galicia e Sociedades. c) a Secretaría Xeral para a Emigración que integra a actual Consellería de Emigración. 2.3.3 A Vicepresidencia integra: a) a Dirección Xeral de Relacións Institucionais b) a actual Consellería de Familia, Xuventude, Deporte e Voluntariado, agás a Dirección Xeral para o Deporte c) a Dirección Xeral de Servizos Comunitarios e Inclusión Social 2.3.2 A Consellería de Presidencia terá as actuais competencias, agás as correspondentes á Dirección Xeral de Relacións Institucionais que se integra na Vicepresidencia. Ademáis integra á actual Consellería de Xustiza, Interior e Administración Local 2.3.4 A Consellería de Industria, Turismo, Comercio e Innovación terá as actuais competencias. Ademáis integra a Dirección Xeral de Turismo. 2.3.6 A Consellería de Desenvolvemento Rural terá as actuais competencias da Consellería de Política Agroalimentaria e Desenvolvemento Rural. Integra ademáis a Dirección Xeral de Montes e Industrias Forestais. 2.3.5 A Consellería de Cultura e Deporte terá as actuais competencias agás as Direccións Xerais de Comunicación e Audiovisual e de Turismo. Integra a Dirección Xeral para o Deporte. 2.3.7 A Consellería de Vivenda e Solo integra o Instituto Galego de Vivenda e Solo. 3. RELACIONS COS MEDIOS DE COMUNICACIÓN O nomeamento de Director Xeral da CRTVG será obxecto de acordo. Existirá unha Comisión Interdepartamental presidida polo titular da Secretaría Xeral de Comunicación e da que formarán parte representantes das Consellerías de Economía, Industria e Cultura que consensuará a política da Xunta en relación cos medios públicos e privados. 4. FOMENTO DA PRODUCCION CINEMATOGRAFICA, VIDEOGRAFICA, AUDIOVISUAL E MULTIMEDIA Nos orzamentos da Consellería de Cultura e Deporte existirá consignación económica para axudas á creación, producción e divulgación cinematográfica, videográfica, audiovisual e multimedia, sen prexuizo das axudas que poida conceder a Secretaría Xeral de Comunicación ou a CRTVG. A dotación orzamentaria en 2006 será, alomenos, de cinco millóns de euros. 5. POLITICA LINGÜÍSTICA Existirá unha Comisión Interdepartamental de Seguimento e Impulso do Plano Xeral de Normalización Lingüística, constituida por representantes das Consellerias de Educación e Ordenación Universitaria, de Cultura e Deporte, e das Secretarías Xerais de Comunicación e de Relacións Institucionais, presidida polo titular da Secretaría Xeral de Política Lingüística, que consensuará o deseño e aplicación das políticas da Xunta neste eido. 6. AUSTERIDADE DA ADMINISTRACION As forzas políticas asinantes asumen o compromiso de reducir a actual estructura directiva da Xunta (Direccións e Secretarías Xerais) e o número de entes, fundacións, sociedades e institutos de carácter autónomo. Caso necesario, a reducción dos organismos autónomos fariase na Lei de Orzamentos ou na Lei de Acompañamento. En Santiago, o 23 de xullo do 2005 Emilio Pérez Touriño (PSdeG) e Anxo Quintana (BNG) |